Comprácenos invitarlles á Primeira Xornada sobre a Enfermidade de Dent, que se levará a cabo en Santiago o próximo día 31 de xaneiro. Esta xornada será unha reunión especial entre profesionais médicos e familias con pacientes afectados por esta enfermidade rara, co obxetivo de compartir coñecementos, experiencias e promover o intercambio de información sobre os avances no seu diagnóstico e tratamento.
O evento contará coa participación de destacados expertos na Enfermidade de Dent, quenes ofrecerán charlas e sesións interactivas que abarcarán tanto o aspecto clínico como as experiencias vividas polas familias.Detalles do evento:
* Data: 31 de xaneiro de 2025
* Hora: De 10:00 a 14:30 horas
* Lugar: Salón de Actos Edificio Roberto Novoa Santos.
* Cartel do evento aquí
Este encontro está dirixido a médicos, investigadores, e a todas as familias e persoas que desexen coñecer máis sobre esta enfermidade e como mellorar a calidade de vida dos pacientes afectados.
Para facilitar a participación de todos, habilitamos unha opción de conexión online para o que non poida asistir de maneira presencial.
Agradecémoslles confirmar a súa asistencia antes da data, enviando un correo a esta dirección indicada na invitación:
nefrochus.fidis.santiago@sergas.es
Será un honor contar coa súa presencia neste evento tan importante para a comunidade médica e as familias afectadas pola Enfermidade de Dent.
—
http://artfordent.es/