Carreira investigadora e desenvolvemento do talento

Como se indica na sección Condicións e prácticas de traballo, o Convenio colectivo de FIDIS establece os requirimentos de acceso ás diferentes categorías de persoal investigador (R1-R4) e, así mesmo, subliña o compromiso da institución coa formación permanente dos seus traballadores. Este reflíctese no seu Plan de formación, cuxo programa anual inclúe máis dun centenar de actividades (cursos, seminarios, conferencias…). Entre os obxectivos do plan están fomentar a investigación traslacional e de excelencia, e consolidar un sistema que favoreza tanto o crecemento da masa crítica investigadora como o seu desenvolvemento.

O documento Research Career Path ofrece información de todas as axudas e programas dispoñibles —rexionais, estatais e europeos— para ir avanzando nas diferentes fases da carreira investigadora. Entre os recursos dispoñibles hai senllos programas propios de FIDIS de axudas predoctorales e postdoutorais.

O IDIS conta, por outra banda, cun Plan de tutela de grupos emerxentes que se erixe como ferramenta para o impulso do talento e a xeración de masa crítica investigadora. Entre os seus obxectivos están tanto favorecer a consolidación dos grupos de recente creación como apoiar o desenvolvemento profesional dos investigadores e investigadoras emerxentes facilitando a creación dos seus propios grupos.

Volver >>

 

Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.