DIVERSA Technologies recibe o Primeiro Premio Innovatia 8.3 ao Proxecto Empresarial de Base Tecnolóxica

8 Xullo 2026

A spin-off do IDIS e do SERGAS, liderada integramente por mulleres e especializada en tecnoloxías avanzadas de formulación e transporte de ingredientes, foi recoñecida pola súa capacidade para transformar coñecemento científico en solucións con impacto real

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2026.- DIVERSA Technologies, spin-off biotecnolóxica nada do IDIS e do SERGAS e con sede no Campus Vida de Santiago de Compostela, recibiu o Primeiro Premio ao Proxecto Empresarial de Base Tecnolóxica no marco de Innovatia 8.3, unha iniciativa impulsada polo Instituto das Mulleres e a Universidade de Santiago de Compostela para apoiar e visibilizar empresas lideradas por mulleres xurdidas da contorna universitaria e de investigación.

O premio foi recollido por María de la Fuente, cofundadora e CEO/CSO de DIVERSA, durante o acto celebrado onte no Paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela. “Este recoñecemento é moi especial para todo o equipo porque pon en valor unha forma de entender a ciencia: rigorosa, aplicada e orientada a xerar impacto máis aló do laboratorio. Tamén reforza a nosa convicción de que desde Galicia é posible construír empresas científico-tecnolóxicas ambiciosas, competitivas e lideradas por mulleres”, asegurou María de la Fuente.

Abi Vázquez, cofundadora e COO de DIVERSA Technologies asegura que o premio “recoñece o traballo dun equipo que combina ciencia, negocio, operacións e industrialización para converter investigación en proxectos e produtos reais. É tamén un impulso para seguir crecendo, xerando emprego cualificado e levando a nosa tecnoloxía a máis mercados e aplicacións”.

DIVERSA desenvolve tecnoloxías baseadas en sistemas lipídicos avanzados —nanopartículas lipídicas patentadas— que protexen, transportan e melloran o aproveitamento de moléculas e ingredientes, facilitando que activos con alto potencial poidan converterse en produtos eficaces e viables para sectores como a saúde, a biotecnoloxía, a cosmética avanzada (baixo a submarca Sphirence™), a nutrición e a alimentación funcional.

O xurado de Innovatia 8.3 valorou a solidez científico-tecnolóxica de DIVERSA, a súa traxectoria de transferencia de coñecemento desde a investigación pública, o seu potencial de crecemento e o liderado dun equipo 100% feminino en todos os niveis, incluídos os postos directivos de Dirección Xeral, Dirección Científica, Dirección Financeira, Dirección de Operacións e Xestión de Proxectos.

A compañía combina actividade de I+D propio —co proxecto NeoGaRT en nanoinmunoterapia para cancro gástrico, recentemente financiado pola AECC no seu convocatoria IMPACTO 2025—, servizos de formulación e co-desenvolvemento para empresas biotech e farmacéuticas, comercialización de reactivos de laboratorio a través de distribuidores internacionais de primeiro nivel como Avantor VWR, e desenvolvemento de ingredientes cosméticos propios baixo a marca Sphirence™. Este modelo circular permite que os ingresos de ciclo rápido financien o desenvolvemento de nanomedicamentos avanzados para enfermidades sen solución terapéutica.

A empresa conta con dúas patentes internacionais concedidas en Europa, EE.UU., Xapón, Corea do Sur e Canadá, máis de 2 millóns de euros en financiamento público competitivo captada, unha rolda privada de 375.000 € pechada con investidores especializados, e acordos de co-desenvolvemento activos con máis de 11 empresas nacionais e internacionais.

Más noticias

Uno de cada doce pacientes con cáncer de próstata de alto riesgo presenta alteraciones genéticas hereditarias relevantes

Uno de cada doce pacientes con cáncer de próstata de alto riesgo presenta alteraciones genéticas hereditarias relevantes

Los resultados revelan que la presencia de determinadas alteraciones genéticas se asocia con diferencias en la evolución de la enfermedad. Es la principal conclusión de un estudio realizado por investigadores del Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, la Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica y el Complejo Hospitalario Universitario de Santiago

ler máis
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.