A participación do grupo Patoloxía Musculoesquelética do IDIS no congreso EORS revela a crecente relevancia da investigación neste ámbito

8 Outubro 2026

O persoal do IDIS presentou cinco comunicacións orais e participou nun simposio especial dedicado ao proxecto internacional ENDOTARGET

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2026.– O grupo Patoloxía Musculoesquelética do IDIS participou no congreso internacional EORS, celebrado a finais de setembro en Madrid. Esta cita, que reúne cada ano a cirurxiáns ortopédicos, biólogos, biomecánicos, bioenxeñeiros e investigadores translacionais, ten como obxectivo acelerar o paso dos achados prometedores do laboratorio á clínica e identificar problemas clínicos urxentes que requiren nova investigación.

No marco do congreso, o grupo do IDIS presentou cinco comunicacións orais e participou como chair nun dos simposios do congreso, contribuíndo activamente ao intercambio e difusión do coñecemento científico neste ámbito. O persoal do IDIS participou nun simposio especial dedicado ao proxecto internacional ENDOTARGET, xunto con outros investigadores e colaboradores internacionais que forman parte deste proxecto.

Desde o grupo destacan que a participación do persoal investigador en citas como esta “pon de manifesto a crecente relevancia, no ámbito internacional, da investigación musculoesquelética”.

Más noticias

Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.