Desde o IDIS destacan esta etapa como unha mostra do compromiso do seu persoal co desenvolvemento da medicina intensiva, a colaboración internacional e o impulso do talento novo
Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2026.– O investigador do IDIS Emilio Rodríguez Ruiz finalizou a súa etapa como representante dos novos profesionais sanitarios das unidades de coidados intensivos (UCI) na Sociedade Europea de Medicin Intensiva (ESICM).
Durante a súa traxectoria na sociedade científica europea, Rodríguez Ruiz contribuíu a dar voz ás novas xeracións de profesionais da medicina intensiva, favorecendo a súa participación e representación no ámbito internacional. A ESICM recoñece o seu labor e dedicación a través das súas estruturas de representación dos profesionais máis novos. Nun comunicado, a entidade subliña “a dedicación e liderado” dos cargos saíntes, que “deixaron unha pegada indeleble na nosa Sociedade. Baixo a súa guía, ESICM fortaleceuse e uniuse aínda máis”.
Desde o IDIS destácase esta etapa como unha mostra do compromiso do seu persoal investigador co desenvolvemento da medicina intensiva, a colaboración internacional e o impulso do talento novo no ámbito sanitario.



