Cargando eventos

Presentación do proxecto NEW HEART

9 de Novembro | 11:00 - 11:30

O 9 de novembro, ás 11:00 horas, celebrarase no anfiteatro do IDIS a presentación de “New Heart”, o primeiro proxecto europeo de cooperación transfronteiriza entre Galicia e Portugal centrado na saúde cardiovascular.

Deseñado para mellorar a saúde cardiovascular de xeito integral nesta Eurorrexión, o proxecto fará balance do avanzado ata o momento e expoñerá os retos futuros, poñendo o foco na prevención, o diagnóstico precoz e a integración de novas tecnoloxías, como a intelixencia artificial na práctica clínica.

O acto incluirá tamén a presentación do congreso “Melloras para vivir ata os 100 anos” (“Improvements for Living to 100”), que terá lugar o 19 de novembro na Cidade da Cultura de Galicia. O congreso abordará cuestións como o envellecemento saudable e a transición da cardioloxía tradicional cara a un modelo preventivo e intelixente, combinando perspectivas clínicas, innovación tecnolóxica e desafíos de saúde pública.

Share This Event

244452
DD
DAYS
HH
HOURS
MM
MIN
SS
SEC

Detalles

  • Data: 9 de Novembro
  • Hora:
    11:00 - 11:30
  • Categoría do Evento:

Recinto

  • Anfiteatro IDIS. Laboratorios IDIS, planta -2. Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela
  • Travesa da Choupana, S/N
    Santiago de Compostela, A Coruña 15706 España
    + Google Map

Protagonista

  • Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS)