A investigadora Yolanda Prezado interveu no China-Spain Innovation Day 2026

19 Novembro 2026

O evento fomenta o intercambio e a cooperación científica e tecnolóxica entre China e España, co obxectivo de potenciar a colaboración en materia de innovación

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2026.– O China-Spain Innovation Day 2026 reuniu en Madrid, o 16 de novembro, a representantes de ambos os países para explorar oportunidades de colaboración en ciencia, tecnoloxía e desenvolvemento.

Unha xornada na que a innovación sanitaria tivo un papel protagonista. Un dos momentos destacados do bloque de ciencias da vida e saúde foi a intervención da investigadora do IDIS Yolanda Prezado Alonso. A líder do grupo Novos enfoques en radioterapia (NARA) participou no espazo dedicado a presentar proxectos de investigación e oportunidades de colaboración.

A súa participación puxo o foco no coñecemento e as capacidades investigadoras que se desenvolven desde Galicia, dentro dun foro que busca achegar a investigación a novas oportunidades de cooperación entre China e España.

Neste encontro, que pon en contacto a institucións, investigadores e profesionais dos dous ecosistemas, participou tamén o xerente do Clúster Saúde de Galicia Iván Rarís Filgueira. “Abrir o ecosistema galego de saúde a novas alianzas, tamén a nivel internacional, é un dos obxectivos de BFHEALTH&CARE, a iniciativa que impulsamos xunto ao Igape e Xesgalicia para transformar os retos do sector sanitario en oportunidades de emprendimiento e levar o coñecemento que se xera en Galicia até solucións con impacto real”, explican desde o Clúster.

O IDIS comparte este obxectivo de conectar equipos, compartir proxectos e abrir novas vías de traballo conxunto para seguir innovando en saúde.

 

Más noticias

Especialistas de Galicia e Portugal abordan os retos da saúde cardiovascular no marco do proxecto europeo New Heart

Especialistas de Galicia e Portugal abordan os retos da saúde cardiovascular no marco do proxecto europeo New Heart

Baixo a lema “Melloras para vivir 100 anos”, a cita que acolle hoxe a Cidade da Cultura de Galicia serve para clausurar o proxecto de cooperación coordinado pola Fundación Pública Galega IDIS

A directora científica do IDIS, Luz Couce, destacou os valores compartidos con esta iniciativa “que representa moi ben a nosa maneira de entender a investigación sanitaria: colaborativa, multidisciplinar e orientada a mellorar a vida das persoas”

ler máis
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.