A música terapéutica de “Sensogenoma22” galardoada na convocatoria de Investigación e Innovación Responsable en Saúde do ISCIII

1 Xullo 2024

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2024.- O proxecto ‘Sensogenoma22’ é unha das propostas gañadoras da convocatoria de Investigación e Innovación Responsable en Saúde que deu a coñecer o Instituto de Saúde Carlos III (ISCIII). Esta iniciativa ten como obxetivo recoñecer, apoiar e fomentar o traballo que realizan os Institutos de Investigación Sanitaria (IIS) acreditados para integrar na súa actividade os principios de RRI.

Como iniciativa de participación cidadá, a comisión recoñeceu ‘Sensogenoma22: na vangarda científica e cultural’ vinculada a un proxecto innovador de investigación en música e saúde do IDIS. “No proxecto organizáronse concertos onde o público participou en estudos xenómicos, fomentando a divulgación e participación cidadá para mellorar a calidade de vida de pacientes con enfermidades crónicas”, sinala a comisión.

Desde Sensogenomics aseguran estar moi felices polo recoñecemento. “Hay moitísimo esforzo detrás e máis ilusión se cabe. Doulles o parabén a todos os que nos acompañaron e séguennos acompañando nesta fermosa aventura, con especial agarimo á Real Filharmonía de Galicia e a todas as asociacións de pacientes que colaboran”, sinalou Antonio Salas, un dos investigadores principais do proxecto.

Mellora do deterioro cognitivo

A través de mostras biolóxicas recollidas antes y despois dos concertos, o proxecto ‘Sensogenoma22’, analizou o impacto da música en distintas patoloxías, como o alzhéimer, o cancro ou o autismo. Para iso, levaron a cabo concertos musicais experimentais cos que investigaron “as bases xenéticas do estímulo musical e o seu potencial terapéutico na loita contra a enfermidade, en liña coas novas tendencias cara á medicina personalizada”, en palabras do equipo investigador.

Os resultados puideron ser contrastados cos xenes que están expresados de maneira alterada nos pacientes con deterioro cognitivo, e para iso se meta-analizou a máis de 1.200 pacientes con deterioro cognitivo leve e alzhéimer. Un dos resultados máis rechamantes do estudo é que os pacientes con demencia teñen unha maior sensibilidade á música, é dicir, unha maior cantidade de xenes que modifican a súa expresión co estímulo musical se o comparamos con persoas sas.

Antonio Salas subliña que “a música modifica a expresión de máis do dobre de xenes que nas persoas sen patoloxía diagnosticada, e moitos destes xenes están relacionados con procesos neurodexenerativos; é intuitivo pensar que o efecto da música ten un efecto compensatorio nos xenes.

Neste proxecto comprobouse que polo menos o 93 % dos estudos sobre os efectos da música na demencia reportan resultados positivos relacionados coa memoria e melloras cognitivas, entre outros aspectos. Ademais, o traballo proporciona as primeiras evidencias de que, no caso do alzhéimer, prodúcense alteracións na maneira na que se expresan xenes relacionados coa música”. Federico Martinón indica que “é nas enfermidades neurodexenerativas, na parálise cerebral, no trastorno do espectro autista, onde temos cada vez máis evidencias que apuntan aos beneficios da música na enfermidade”.

Investigación e Innovación Responsable en Saúde

Os catro proxectos recoñecidos nesta terceira convocatoria corresponden a unha iniciativa de participación cidadá do IDIS (Sensogenoma22), dous iniciativas sobre ciencia aberta, do Instituto de Investigación Biomédica de Málaga-Plataforma en Nanomedicina (IBIMA-BIONAND) e do Instituto de Investigación Sanitaria e Biomédica de Alacante (ISABIAL); e unha iniciativa de igualdade de xénero do Instituto de Investigacións Biomédicas August Pi i Sunyer (IDIBAPS).

A CEE considerou que todas as propostas presentadas, e especialmente os catro proxectos galardoados, “implican un gran esforzo por parte dos IIS acreditados por incorporar de maneira efectiva os diferentes principios RRI, e marcan un camiño que deben de seguir os Institutos neste ámbito”.

A Investigación e Innovación Responsable (RRI, das siglas en inglés Responsible Research and Innovation) é un concepto que promulga a participación activa da sociedade en ciencia e innovación desde as fases máis temperás dos proxectos, con idea de que os futuros resultados estean o máis aliñados posible cos valores da sociedade. É tamén un término amplo que aglutina diferentes aspectos da relación entre investigación, innovación e sociedade: acceso aberto, participación cidadá, igualdade de xénero, educación científica, ética e gobernanza.

Más noticias