Áreas de investigación

O IDIS canaliza e leva a cabo a actividade investigadora en áreas temáticas sometidas a un proceso de revisión e priorización periódica.
Trátase de áreas de gran impacto sanitario para a poboación de referencia da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza nas que os seus grupos posúen unha maior potencia científica, sen esquecer aquelas outras que supoñen unha oportunidade estratéxica, por ser unha prioridade dos seus membros.
Áreas
ONCOLOXÍA
Mellora dos tratamentos: terapia personalizada e redución dos efectos secundarios.
XENÉTICA E BIOLOXÍA DE SISTEMAS
Identificación de biomarcadores xenéticos de susceptibilidade e prognóstico de enfermidades
ENDOCRINOLOXÍA, NUTRICIÓN E METABOLISMO
Estuda a obesidade dende diferentes vertentes coa participación de grupos do ámbito clínico e básico de forma sinérxica.
NEUROCIENCIAS
Busca de novas dianas terapéuticas e mellora do manexo clínico-terapéutico do paciente neurolóxico, principalmente ictus, Enfermidade de Alzheimer, Parkinson, cefaleas e enfermidades neurolóxicas por prións.
CARDIOVASCULAR
O obxectivo xeral da Área de Cardiovascular consiste na busca de novas dianas terapéuticas e a mellora do manexo clínico-terapéutico.
PLATAFORMAS E METODOLOXÍA
Aporta evidencias para a priorización na xestión dos recursos públicos. Avaliar riscos e identificar oportunidades para a mellora da saúde da poboación. Daquí, priorizar inversións estruturais e programas de acción.