Contrato menor para a prestación de servizos de comunicación e campañas de publicidade institucional.

7 Abril 2021

OBXECTO DO CONTRATO: Prestación do servizo de gabinete de prensa e comunicación, coa fin de reforzar e ampliar a comunicación das accións emprendidas dende o Instituto:

PRAZO DE EXECUCIÓN: 9 meses

Actuacións previstas:

Apoio á estratexia de comunicación do IDIS e ao desenvolvemento do plan de comunicación.

Apoio na definición estratéxica institucional de comunicación.

Avaliación da estrutura comunicativa actual e proposta de adaptacións para soporte básico de comunicación corporativa aliñados coa súa visión, misión e valores.

Detección, seguimento e difusión de actuacións, resultados de investigación, actividades e programas que se organicen no entorno do Instituto.

Labores básicas de asesoramento en deseño de campañas de difusión do Instituto.

Reformulación do deseño da páxina web e proposta de forma periódica das actualizacións correspondentes a información e comunicación na páxina web e redes sociais do Instituto.

Servizos en relación cos medios de comunicación:

  • Asesoramento e apoio na relación cos medios de comunicación.
  • Xestión das relacións coa prensa, incluíndo recepción e atención de requirimentos de medios de prensa tradicionais e alternativos, supervisión da axenda informativa, xestión de notas e encontros coa prensa.
  • Apoio no deseño, execución e na redacción periodística de convocatorias, comunicados, notas de prensa, roldas de prensa, entrevistas, informes ou mailings aos medios.
  • Captación e preparación de entrevistas e reportaxes.

Orzamento: 12,000 €

Presentación de propostas: A axjudicataria debe presentar un programa de traballo cun presuposto na dirección de correo electrónico: secretaria@idisantiago.es

Data límite para a presentación de propostas: 195/04/2021

Más noticias

O grupo Xenética Psiquiátrica do IDIS descobre patróns xenéticos compartidos e diferenciais entre trastornos mentais mediante unha abordaxe estatística novidosa en psiquiatría

O grupo Xenética Psiquiátrica do IDIS descobre patróns xenéticos compartidos e diferenciais entre trastornos mentais mediante unha abordaxe estatística novidosa en psiquiatría

Este método, guiado polos datos, poderá axudar a mellorar a identificación en etapas iniciais dunha forma máis obxectiva e a comprender a presenza de distintos trastornos nunha mesma persoa

O principal beneficio potencial para clínicos e pacientes é avanzar cara a unha psiquiatría máis personalizada, na que as decisións diagnósticas e terapéuticas poidan adaptarse mellor ás características de cada persoa

ler máis
A investigadora Sonia Eiras recibe o VII Premio Ramiro Carregal de Investigación en Cardioloxía polo seu traballo sobre graxa epicárdica inflamada e anuncia a creación dun grupo multidisciplinar para acelerar a investigación

A investigadora Sonia Eiras recibe o VII Premio Ramiro Carregal de Investigación en Cardioloxía polo seu traballo sobre graxa epicárdica inflamada e anuncia a creación dun grupo multidisciplinar para acelerar a investigación

O traballo premiado afonda no coñecemento dos factores que favorecen a acumulación de graxa epicárdica inflamada para desenvolver métodos diagnósticos sinxelos e accesibles que permitan identificala precozmente e deseñar novas estratexias de prevención e tratamento
Acompañaron a premiada o presidente do Parlamento de Galicia e a alcaldesa de Santiago, ademais do presidente da Fundación Pública Galega IDIS, Ángel Facio e a directora científica do IDIS, M.ª Luz Couce

ler máis