DIVERSA, a sétima spin-off do IDIS, sae ó mercado coas súas innovadoras solucións tecnolóxicas

17 Xaneiro 2022

DIVERSA TECHNOLOGIES, a sétima spin-off creada nos laboratorios do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS), sae ó mercado co obxectivo de comercializar a súa tecnoloxía para a liberación de fármacos e biomoléculas para avanzar no desenvolvemento de medicamentos innovadores que aporten solucións a necesidades médicas non cubertas.

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, visitou os laboratorios de DIVERSA no Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela para coñecer a labor dunha das nove compañías biotecnolóxicas creadas co apoio do programa Ignicia da Xunta de Galicia.

Na visita ademáis dos fundadores de DIVERSA -María de la Fuente, que lidera o proyecto; Abi Judit Vázquez e Rafael López- participaron a gerente da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, Eloína Núñez; a directora científica do IDIS, Mª Luz Couce; a directora da Fundación IDIS, Isabel Lista; a responsable de Transferencia e Innovación da Fundación IDIS, Mabel Sampedro, e o xerente da Axencia de Coñecemento en Saúde, Antonio Fernández-Campa, ademáis de todo o grupo de investigación do que xurde a tecnoloxía que da orixe a DIVERSA.

Tres liñas de negocio

DIVERSA recibiu a validación técnica da súa tecnoloxía, o que a avala para saír ó mercado co produto que xa fabricaron. Empresarialmente plantéxanse tres liñas de negocio: a comercialización de kits “ready-to-use” destinados a persoal investigador para facer accesible a tecnoloxía a quen a poida necesitar, eo establecemiento de acordos de co-desenvolvemento de novos produtos con terceiras empresas e o desenvolvemento de proxectos propios de investigación. Ademáis, ó longo dos últimos meses, a spin-off incorporou persoal técnico e de desenvolvemento de alto nivel, o que lles permitiu validar o seu modelo de negocio e atraer distribuidores europeos e inversores.

María de la Fuente, Abi Judit Vázquez e Rafael López foron os promotores deste innovador proxecto. A spin-off biotecnolóxica DIVERSA ten a súa orixe en estudos iniciais desenvoltos no marco dos laboratorios da Unidade de Nano-Oncoloxía do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela co obxectivo de comercializar nanotecnoloxía para a liberación controlada de fármacos e biomoléculas terapéuticas.

Durante a presentación, María de la Fuente explicou que “el objetivo principal de este grupo de investigación es mejorar la vida de los pacientes a través de la tecnología que desarrolla”. Tamén destacou que “es importante apoyar la investigación para generar conocimiento y nuevas oportunidades que puedan ser transferidas”. De la Fuente e Abi Judit Vázquez estarán vinculadas a DIVERSA para trasladar esta misma motivación á empresa e aportar o coñecemento necesario para contribuir a mellorar a saúde global.

Apoios e financiación

O proxecto a partir do que naceu DIVERSA recibiu o apoio do programa Ignicia da Xunta de Galicia na convocatoria de5202018 cunha inversión de 456.500 euros. A participación neste programa permitiulles transformar unha tecnoloxía innovadora nunha empresa de base tecnolóxica.

Na visita Patricia Argerey, directora da Axencia Galega de Innovación, destacou a importancia de transferir os resultados da investigación excelente que realizan os centros de coñecemento galegos ó mercado para poñer a disposición da sociedade solucións innovadoras que melloren a súa calidade de vida, como esta tecnoloxía que permite desaenvolver terapias máis eficaces e ofrecer solucións a necesidades médicas non resoltas.

A spin-off ademáis, participou na primeira convocatoria da incubadora de alta tecnoloxía BioIncubaTech, especializada na transferencia de biotecnoloxía aplicada á saúde e á alimentación, da Universidade de Santiago, financiada pola Fundación Incyde, en colaboración coa Cámara de Comercio de Santiago e Uninova, e o apoio da Xunta de Galicia así como noutras iniciativas, autonómicas, como a aceleradora SPIN-UP, nacionais e internacionais, e recibiu o apoio continuado de asociacións como BIOGA.

DIVERSA conta ademáis con financiación pública competitiva, axudas do IGAPE para novos emprendedores cofinanciada pola Unión Europea e Fondos FEDER Galicia 2014-2020 “Unha maneira de facer Europa”.  Finalmente, foi seleccionada como unha das empresas de maior potencial no evento LaconNetwork, así como pola Society for Laboratory Automation and Screening (SLAS) para participar na feira SLAS2022 en Boston entre o 5 e o 9 de febreiro deste ano.

Más noticias