Divulgación

Na Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (FIDIS) contamos cun grupo de traballo formado por persoal investigador e de xestión que colaboran para establecer e deseñar vías de divulgación da ciencia coa sociedade. Dende FIDIS participamos en programas de divulgación, recibimos visitas de escolares no Instituto e elaboramos nas nosas propias actividades.

Actividades de divulgación

Actividades

Organización de visitas guiadas, charlas e outras actividades de divulgación para centros educativos.

O mundo do IDIS

Club do IDIS con contido de divulgación que fomenta a cultura científica, o interese pola tecnoloxía, a investigación e a innovación.

Contido multimedia

Material descargable

Quero saber máis

Para expresar o teu interese en participar nas actividades promovidas polo equipo de divulgación ou se queres saber máis sobre elas envíanos unha mensaxe co teu correo no seguinte enlace. Se sodes un grupo ou centro educativo escríbenos propoñéndonos datas nas que estades interesados/as en participar nas actividades, xunto co número e idade do alumnado. Coordinamos axendas e porémonos en contacto contigo.

New Field

Contacto

Contáctanos en divulgacion@idisantiago.es, no teléfono 981 955 684 (ext. 255 684) ou 981 951 196 (ext. 251 196) ou nas redes sociais de O mundo do IDIS.