C009 – Investigación Traslacional en Enfermidades do Aparato Dixestivo

Obxectivos e liñas de investigación

Obxectivos

O noso grupo de investigación desenvolve líiñas de investigación clínica e investigación traslacional en enfermidades do aparato dixestivo, en concreto nas áreas que a continuación se enumeran.

  • Bases etiopatoxenéticas e fisiopatolóxicas das enfermidades do páncreas exocrino e as súas implicacións diagnósticas e terapéuticas. Efecto de hábitos tóxicos (consumo de alcol e tabaco) sobre o risco de pancreatite crónica, a idade e o modo de presentación clínica da enfermidade, a súa evolución clínica e pronóstico, e o risco de desenvolvemento do cancro de páncreas. Factores xenéticos de predisposición ó desenvolvemento de pancreatite crónica e cancro de páncreas (mutacións dos xenes do tripsinóxeno catiónico, SPINK1 e CFTR). Estudo do proceso de fibroxénese pancreática en pancreatite crónica e a súa cuantificación mediante técnicas serolóxicas e elastográficas. Estudo molecular e biolóxico do cancro de páncreas e as súas implicacións clínicas sobre as características do tumor (grao de diferenciación celular e extensión locorrexional), a supervivencia do enfermo, e o seu potencial aplicación como dianas terapéuticas. Efecto potencial de bacterias citotóxicas ailladas de tumores pancreáticos sobre o proceso de carcinoxénese en cancro de páncreas.
  • Bases epidemiolóxicas, etiopatoxénicas e terapéuticas da enfermidade inflamatoria intestinal (enfermidade de Crohn e colite ulcerosa). Epidemioloxía da enfermidade inflamatoria intestinal e a súa relación con hábitos dietéticos, tóxicos e hábitos de vida. Papel da infección por bacterias psicotróficas na etiopatoxenia da enfermidade de Crohn. Eficacia de novos fármacos inmunomoduladores no tratamento de pacientes con enfermidade inflamatoria intestinal corticodependente e corticorresistente.
  • Impacto de carcinoma hepatocelular e o seu tratamento percutáneo local na supervivencia dos pacientes en listas de espera para transplante hepático. Eficacia antitumoral e perfil de seguridade da inxección percutánea de etanol como tratamento neoadxuvante do carcinoma hepatocelular en lista de espera de transplante hepático. Eficacia antitumoral da radiofrecuencia percutánea como tratamento neoadxuvante do carcinoma hepatocelular e das metástases hepáticas de tumores de outras localizacións.

 

Equipo investigador

Líder
Domínguez Muñoz, Juan Enrique

 

Membros
Álvarez Castro, Ana María
Barreiro de Acosta, Manuel
Bastón Rey, Iria
Calviño Suárez, Cristina
Díaz Argüeso, Laura
Domínguez Novoa, Yéssica
Fernández de Castroagudín, Javier
Fernández Pérez, José Aquilino
Ferreiro Iglesias, Rocío
Galego Fernández, Marco
Iglesias García, Julio
Jiménez Sánchez, Javier
Lariño Noia, José
Leal López, Saúl
López Díaz, Javier
Loureiro Veira, Martiño
Macías García, Fernando
Martín Carreras-Presas, Francisco Luis
Martínez-Seara Vázquez, Xurxo Francisco
Meijide Fernández, Ignacio
Mejuto Fernández, Rafael
Míguez Sánchez, Patricia
Molina Pérez, Esther
Monteserin Ron, Luzdivina
Montoto Meijide, Rodrigo
Nieto García, Laura
Otero Fraga, María José
Otero Iglesias, Mónica
Otero Iglesias, Paula
Pazos Randulfe, Yolanda
Porto Silva, María del Sol
Quiroga Castiñeira, Adriano
Rama Fernández, Alberto
Vallejo Senra, Nicolau
Varo Pérez, Evaristo

Investigador líder

Juan Enrique Domínguez Muñoz

Juan Enrique Domínguez Muñoz