Obxectivos
O grupo de investigación centra os seus estudos no organismo modelo peixe cebra, que nos últimos anos se converteu nunha ferramenta fundamental en biomedicina para ensaios in vivo.
Liñas de investigación
• Xenotrasplantes de liñas celulares tumorais establecidas e liñas primarias de pacientes en embrións de peixe cebra para a análise de efectividade de drogas anticancerosas convencionais e outras en fase de desenvolvemento
• Análise de toxicidade de compostos químicos e fármacos en embrións de peixe cebra
• Ensaios de toxicidade e efectividade de nanopartículas con compostos anticancerosos en embrións de peixe cebra e liñas que desenvolven tumores (adultos)
• Desenvolvemento de modelos mediante a inactivación de xenes (morfolinos) e transxénese (para sobre expresar ou inhibir a expresión de xenes)