Obxectivos e liñas de investigación
Obxectivos
O obxectivo principal desta unidade é explorar estratexias innovadoras, baseadas na aplicación da nanotecnoloxía, para desenvolver terapias máis eficientes e seguras, e novas ferramentas para diagnóstico avanzado da enfermidade.
A nanotecnoloxía ofrece numerosas vantaxes para desenvolver terapias máis eficientes e seguras. Na nosa unidade, desenvolvemos nanopartículas capaces de actuar como transportadores de fármacos, para lograr unha acumulación selectiva en tumor e metástase, aumentando a súa eficacia e diminuíndo os efectos adversos relacionados cunha distribución indiscriminada polo organismo.
Gran parte da nosa actividade céntrase no desenvolvemento de terapias dirixidas baseadas en biomoléculas como son proteínas, ácidos nucleicos, péptidos, ou aptámeros. As nosas nanopartículas son sistemas seguros, biocompatibles e biodegradables, capaces de protexer a este tipo de biomoléculas fronte a procesos de degradación, favorecer o seu paso a través de barreiras biolóxicas, e o seu acceso ó lugar de acción, en definitiva favorecendo a súa traslación á clínica.
Exploramos ademáis a oportunidade de aplicalas no desenvolvemento de novas ferramentas de diagnóstico empregndo técnicas de imaxe molecular.
Liñas de investigación
O obxectivo principal da Unidade de Nano-Oncoloxía é explorar estratexias innovadoras, baseadas na aplicación da nanotecnoloxía, para desenvolver terapias máis eficientes e seguras, e novas ferramentas para diagnóstico avanzado da enfermidade.O enfermo está no centro da nosa investigación, e temos en conta, desde fases moi temperás o desenvolvemento, cales son os puntos críticos para que a nosa tecnoloxía poida chegar á clínica.
A nosa actividade pódese resumir nos seguintes puntos:
- Deseño e avaliación de novas nanoterapias e nanoinmunoterapias para lograr tratamentos máis efectivos e seguros, e interferir coa formación de metástase e progresión da enfermidade.
- Desenvolvemento de novas ferramentas de diagnóstico para imaxe molecular baseadas en nanotecnoloxía. O obxectivo é conseguir diagnosticar a presenza de pequenas agrupacións de células tumorais que darán orixe á formación de metástase.
- Aplicación da nosa tecnoloxía noutras áreas de coñecemento. Como a nanomedicina é unha ciencia transversal, a nosa tecnoloxía é ademáis de potencial aplicación para outras enfermidades, e por iso tambén estamos abertos a contribuír a outros ámbitos da medicina, como por exemplo a busca de novos tratamentos para enfermidades raras, a medicina rexenerativa, ou a microbioloxía.
Equipo investigador
Proxectos
Publicacións
- Alonso-Nocelo M, Abellan-Pose R, Vidal A, Abal M, Csaba N, Alonso MJ, Lopez-Lopez R, de la Fuente M*. Selective interaction of PEGylated Polyglutamic Acid nanocapsules with cancer cells in a 3D model of a metastatic lymph node. Journal of Nanobiotechnology, 14:51-, 2016. DOI: 10.1186/s12951-016-0207-8.
- Reimondez-Troitiño S, Alcalde I, Csaba N, Iñigo-Portugués A, de la Fuente M, Bech F, Riestra AC, Merayo-Lloves, Alonso MJ. Polymeric nanocapsules: a potential new therapy for corneal wound healing. Drug Delivery and Translational Research, 6 (6): 708-721, 2016. doi:10.1007/s13346-016-0312-0.
- Nieto D, McGlynn P, de la Fuente M, Lopez-Lopez R, O’connor GM. Laser microfabrication of a microheater chip for cell culture outside a cell incubator. Colloids and Surfaces B: Biointerfaces Biointerfaces, 154: 263-269 (2017). DOI: 10.1016/j.colsurfb.2017.03.043
- Gutierrez-Lovera C, Vázquez-Ríos AJ, Guerra-Varela J, Sánchez L, de la Fuente M. The Potential of Zebrafish as a Model Organism for Improving the Translation of Genetic Anticancer Nanomedicines. Genes (Basel), 8 (12): E349 (2017). DOI: 10.3390/genes8120349
- Alonso-Nocelo M, Raimondo T, Vining K; Lopez Lopez R, de la Fuente Freire M*, Mooney D*. Matrix Stiffness and Tumor-Associated Macrophages Modulate Epithelial to Mesenchymal Transition of Human Adenocarcinoma Cells. Biofabrication, 10(3):035004 (2018). DOI:10.1088/1758-5090/aaafbc.
- Cordeiro, AS, Crecente-Campo J, López-Bouzo B, González SF, de la Fuente M, Alonso MJ. Engineering polymeric nanocapsules for an efficient drainage and biodistribution in the lymphatic system. Journal of Drug Targeting, 2018.
- Vazquez-Rios AJ, Alonso-Nocelo M, Bouzo BL, Ruíz J, de la Fuente M. Nanotheranostics for the management of metastatic cancer. In: Handbook of Nanomaterials for Cancer Theranostics. Ed: Joao Conde. Elsevier, USA. ISBN: 9780128133392. 2018.
- Teijeiro-Valiño C, Novoa-Carballal R, Borrajo E, Vidal A, Alonso-Nocelo M, de la Fuente M, Lopez-Casas P, Hidalgo M, Csaba N, Alonso MJ. A multifunctional drug nanocarrier for efficient anticancer therapy. Journal of Controlled Release, 294: 154-164.