O IDIS celebra o Día da Muller e a Nena na Ciencia cun acto no que participan científicas dos tres institutos de investigación sanitaria de Galicia

9 Febreiro 2024

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2024.- O Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS) acolleu esta mañá un acto para conmemorar o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, que se conmemora cada ano, o 11 de febreiro. Esta é unha data proclamada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas para poñer en valor o traballo realizado polas mulleres que traballan no ámbito  científico.

Como este ano coincide en domingo, o IDIS adiantou a celebración a este venres e organizou unha xornada de divulgación na que quixo visibilizar o traballo das investigadoras galegas, para o que reuniu persoal dos tres institutos de investigación sanitaria. de Galicia: o Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (INIBIC), o Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur (IISGS) e o Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS), no que máis da metade do persoal adscrito son mulleres (56%) e o 33% son líderes de grupo.

No acto asistiron as directoras científicas dos tres centros, M.ª Luz Couce Pico, Mar Castellanos Rodrigo e Eva Póveda López, así como a xerente do Servizo Galego de Saúde, Estrella López-Pardo, e a xerente da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbaza, Eloína Núñez Masid.

López-Pardo destacou a importancia que ten a investigación na nova “medicina preventiva personalizada e participativa na que o traballo da investigación é fundamental”. O xerente do Sergas aposta por “seguir aplicando liñas de excelencia con proxectos innovadores como os que se puxeron en marcha nos últimos meses e que suporán un cambio de paradigma na sanidade”. Destacou o incremento anual do 10% que a Xunta dedica á investigación e avogou por “continuar o apoio para seguir avanzando. Non hai límites para o futuro da ciencia e da medicina. A investigación responsable promove unha ciencia máis aberta, inclusiva e igualitaria”.

Pola súa banda, Eloína Núñez quixo destacar “a posición vantaxosa que ten agora Galicia, onde o persoal investigador pode consolidar a súa posición e estabilizarse”. Nesta cuestión tamén incidiu a directora científica do IDIS, María Luz Couce, quen asegurou que “temos unha oportunidade laboral que ata agora non existía e que sitúa a Galicia á vangarda do Estado para desenvolver unha carreira científica”.

As directoras científicas do Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (INIBIC) e do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur (IISGS) agradeceron a organización do evento conxunto que demostra a boa relación e, sobre todo, a cooperación entre os tres institutos, que resulta no seu bo funcionamento e na propia saúde.

Diálogo científico e obradoiros
A continuación, participaron varias mulleres biomédicas dos tres institutos de investigación sanitaria de Galicia, como Luisa M.ª Seoane Camino, Laura Muinelo Romay, Rosaura Picáns Leis e Alana Aragón Herrera, do IDIS; María del Mar Tomás Carmona, Carmen Núñez Carro e Uxía Nogueira Recalde, do INIBIC; e Ana Concheiro Guisán, M.ª Luisa Torres Durán, María Gallardo Gómez e Sara Martínez Ramos, do IISGS.
Neste “diálogo” púxose de manifesto o importante papel que as investigadoras teñen na actualidade, na sociedade en xeral e na nosa comunidade autónoma en particular, unha contribución imprescindible para o funcionamento dunha actividade de máxima relevancia para a sociedade.

A xornada rematou cunha actividade para o alumnado de bacharelato do IES Xulián Magariños de Negreira. Obradoiros científicos dirixidos a “coñecer de primeira man a actividade que desenvolven os científicos do noso instituto”, segundo explicou a directora científica do IDIS.

Máis información sobre IDIS

O Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS) naceu en 2008 froito da colaboración entre a Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza (SERGAS) e a Universidade de Santiago de Compostela. Como eixo da investigación sanitaria galega, está acreditado polo Instituto de Salud Carlos III dende o ano 2010. O seu obxectivo é identificar e desenvolver novas solucións que dean resposta aos problemas de saúde da sociedade. Cun equipo de 1.213 profesionais, 106 grupos de investigación, 43,5 M€ de fondos recadados no último ano, o IDIS contribúe co seu traballo ao incremento do coñecemento da saúde e á consolidación da innovación no sector sanitario.

Más noticias

Talento investigador del IDIS premiado por la Fundación Astrazeneca

Talento investigador del IDIS premiado por la Fundación Astrazeneca

La investigadora Sara Pischedda, del grupo GenPoB-GenViP del IDIS, aborda en su trabajo el virus metapneumovirus humano (hMPV), una de las causas más frecuentes de hospitalización infantil por infecciones respiratorias.
Laura Muinelo Romay, investigadora del grupo Oncología Médica Traslacional del IDIS, fue otra de las galardonadas por un trabajo sobre resistencia a inmunoterapia en tumores digestivos y ginecológicos.

ler máis
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.