Biobanco

PLATAFORMAS DE APOIO COMÚN
Descrición
O Biobanco é unha plataforma transversal de apoio á investigación biomédica. Trátase de establecementos públicos, sen ánimo de lucro, nos que se conservan mostras biolóxicas, e información clínica asociada, de alta calidade para a súa utilización na investigación biomédica. O seu funcionamento céntrase en xestionar, baixo criterios de seguridade, calidade e eficiencia a recepción, almacenamento e posterior cesión de mostras ós investigadores solicitantes para que as empreguen nos seus proxectos, sempre e cando éstos cumpran os requisitos éticos e legais esixibles.

Os Biobancos actúan, polo tanto, como enlace entre doantes de mostras, persoal asistencial e comunidade investigadora para a armonización dos dereitos, deberes e intereses de cada un dos colectivos e así facilitar o avance da investigación biomédica.

Os servizos da plataforma Biobanco están dirixidos ó desenvolvemento da investigación médica traslacional co obxectivo de favorecer a rápida incorporación dos achados en investigación básica á clínica asistencial. Por exemplo:

  • Avaliación de moléculas de interese terapéutico.
  • Avaliación de biomarcadores para a caracterización e seguimento de diversos procesos patolóxicos, fundamentalmente tumores.
  • Validación en mostras humanas de achados obtidos en modelos animais.
Servizos
A carteira de servizos do Biobanco vai máis alá da mera provisión de mostras en sentido estrito. É unha carteira de servizos versátil, axustable ás necesidades de cada proxecto de investigación:

  • Acceso a mostras tisulares en conxelación e/ou incluídas en parafina, mostras líquidas, ácidos nucleicos, etc.
  • Acceso á información clínica asociada ás mostras, preservando sempre o anonimato do paciente.
  • Selección e disección de áreas de interese en teciidos (células normais, poboación neoplásica, etc.).
  • Procesamento de mostras tisulares e tincións histolóxicas e inmunohistoquímicas.
  • Extracción de ácidos nucleicos.
  • Deseño e confección de micromatrices tisulares (tissue microarrays).
  • Depósito, mantemento e custodia de coleccións de mostras para proxectos e grupos de investigación.
  • Recollida prospectiva de mostras en función das necesidades concretas de determinados proxectos.
  • Acceso ó catálogo de mostras da Plataforma Rede Nacional de Biobancos.
  • Asesoramento ético-legal.
  • Asesoramento científico.
Consentimentos informados

O Biobanco do CHUS conta con diversos modelos de Consentimento Informado en función do obxectivo de obtención das mostras. Ditos modelos foron aprobados polo Comité Autonómico de Ética da Investigación (CAEI) de Galicia.

Tódolos documentos constan de dúas partes:

Folla de información ó paciente participante en investigación biomédica: ​onde se explica a finalidade da obtención das mostras, as mostras e información asociada que se lle solicitarán ó doante, os posibles inconvintes da obtención de ditas mostras, as condicións da doazón, cómo se garantiza a confidencialidade, cómo será o tratamento dos datos, posibles restriccións no uso das mostras e a posibilidade de obter información relevante sobre os resultados da investigación.
Consentimento Informado: onde o participante firma se consinte doar a súa mostra para investigación biomédica.
O consentimento Informado emitirase en 2 exemplares: un deles será entregado ó doante e o outro será conservado no centro onde se obtén a mostra, é dicir, no Biobanco.

A continuación poderán descargarse os modelos de consentimentos cos que contamos na actualidade:

Consentimento Informado para Biobanco (NO CONTEXTO DA PANDEMIA COVID-19)
Modelos de consentimento para depositar no Biobanco, durante a pandemia COVID-19, excedentes de orixe diagnóstico así como unha pequena mostra adicional de sangue en caso necesario e sempre que as circunstancias do proceso o permitan con risco nulo para a saúde do paciente.

Consentimento Informado Rede Galega de Biobancos para adultos (GL) – COVID

Consentimiento Informado Rede Galega de Biobancos para adultos (ES) – COVID

Consentimiento Informado Rede Galega de Biobancos para menores de entre 12-18 años (ES) – COVID

Consentimento Informado Rede Galega de Biobancos para menores de entre 12-18 anos (GL) – COVID

Consentimiento Informado Rede Galega de Biobancos para menores de 12 años (ES) – COVID

Consentimento Informado Rede Galega de Biobancos para menores de 12 anos (GL) – COVID

Consentimiento Informado para Biobanco
Modelos de consentimento para depositar no Biobanco excedentes de orixe diagnóstico.

Consentimento Informado Rede Galega de Biobancos para menores de entre 12-18 anos (GL)

Consentimiento Informado Rede Galega de Biobancos para menores de entre 12-18 anos (ES)

Consentimento Informado Rede Galega de Biobancos para menores de 12 anos de idade (GL)

Consentimiento Informado Rede Galega de Biobancos para menores de 12 años de edad (ES)

Consentimento Informado Rede Galega de Biobancos para adultos (GL)

Consentimiento Informado Rede Galega de Biobancos para adultos (ES)

Tarifas
As mostras almacenadas polos biobancos son cedidas sen ánimo de lucro ó persoal investigador que as soliciten con finalidades de investigación biomédica. Só se repercutirán os gastos de obtención, mantemento e procesamento.

En función da adscrición do/a Investigador/a Principal solicitante e da fonte de financiación do proxecto, diferéncianse tres tipos de tarifas:

Tarifa 1: Aplicada a persoal investigador pertencente ó Servizo Galego de Saúde/Institutos de Investigación de Galicia. Promotor público.

Tarifa 2: Aplicada a persoal investigador pertencente a organismos públicos y entidades sin ánimo de lucro. Promotor público.

Tarifa 3: Aplicada a entidades privadas (independentemente da adscrición do IP)

(Actualizadas polo Padroado do IDIS en xuño 2021)

Tarifas Biobanco

Contacto

Dr. Máximo Fraga (Biobanco CHUS)
+34 981 955 148
biobanco.apa.santiago@sergas.es