Bioinformática

PLATAFORMAS DE APOIO COMÚN
Descrición

A Plataforma de Bioinformática está formada por un equipo multidisciplinar con experiencia no manexo de datos obtidos de tecnoloxías ómicas e na medicina traslacional. Ten como fin brindar ós investigadores, tanto básicos como clínicos, apio tecnolóxico e asesoramento na análise numérica e procesado de grandes volumes de datos provintes de distintas áreas das ciencias da vida, aplicando técnicas tanto do campo da bioloxía como da química, física ou matemáticas, para a obtención de novo coñecemento.

A Plataforma de Bioinformática ofrece asesoramento, procesamento e extracción de coñecemento a partir de grandes volumes de datos procedentes de:

  • Xenómica funcional, transcriptómica e epixenómica: secuenciadores DNASeq, RNASeq, NGS,…
  • Proteómica funcional e metabolómica: cromatografía líquida acoplada a espectrometría de masas (LC-MS, LC-MS/MS, SWATH,…).
  • Proteómica estrutural: análise da estrutura de proteínas a partir de secuencias de aminoácidos.
  • Minería de datos: extracción de información relevante en grandes bases de datos biolóxicas e bibliográficas,…

Ademáis, tamén se ofrece a posibilidade de desenvolver aplicacións informáticas persoalizadas a partir de problemas complexos ou rutinarios da práctica diaria.

Servizos
  • Análises ómicos: xenómica, transcriptómica, proteómica
  • Minería de datos
  • Procesado masivo de datos
  • Automatización de procesos que impliquen manexo complexo de datos
  • Desenvolvemento de aplicacións informáticas persoalizadas
  • Creación e xestión de bases de datos a medida
  • Asesoramento científico
Tarifas
Tarifa interna IDIS
Tempo de desenvolvemento
Número de mostras 1 semana 2 semanas 3 semanas 4 semanas
300 24,4 € 25,1 € 27,7 € 30,4 €
500 21,4 € 23,0 € 24,5 € 26,1 €
700 20,9 € 22,1 € 23,2 € 24,3 €
Tarifa Organismos Públicos
Tiempo de desenvolvemento
Número de mostras 1 semana 2 semanas 3 semanas 4 semanas
300 37,3 € 39,9 € 42,6 € 45,2 €
500 36,2 € 37,8 € 39,4 € 41,0 €
700 35,8 € 36,9 € 38,0 € 39,2 €
Tarifa Organismos Privados
Tempo de desenvolvemento
Número de mostras 1 semana 2 semanas 3 semanas 4 semanas
300 52,1 € 54,8 € 57,4 € 60,0 €
500 51,1 € 52,6 € 54,2 € 55,8 €
700 50,6 € 51,7 € 52,9 € 54,0 €

Tarifas sen IVE.

Contacto

Jorge Amigo Lechuga
jorge.amigo@usc.es