Unidade de Imaxe Experimental (UNIME)

PLATAFORMAS DE APOIO COMÚN
Equipamento

A Unidade de Imaxe Experimental dispón dun equipo microPET-CT Albira (Bruker), que permite obter imaxes moleculares (empregando isótopos emisores de radiación β, como o Flúor-18) e estruturais en pequenos roedores. Ademáis, a plataforma ten unha microSPECT (Siemens), que permite adquirir imaxes moleculares con isótopos emisores de radiación e, como poden ser o Galio-67 e o Tecnecio-99.

Recentemente, a plataforma incorporou un equipo de mostreo de sangue arterial (Swisstrace) que permite a medida da actividade radiactiva en sangue arterial durante a adquisición de estudos dinámicos para levar a cabo análises cinéticos coas imaxes obtidas. Finalmente, a unidade dispón de software profesional de imaxe que permite a cuantificación e o correxistro das imaxes multimodais.

 

Descrición

A plataforma permite coñecer a biodistribución dos distintos trazadores isotópicos tanto en animais sans como en modelos experimentais de determinadas patoloxías. Ó tratarse dunha técnica in vivo, dita plataforma permite facer estudos ó longo do tempo empregando o mesmo animal e levar a cabo un seguimento da patoloxía que se desexa investigar. Desta forma, trátase dunha técnica moi útil para estudar a fisioloxía do modelo e avaliar a eficacia dun fármaco experimental. Ademáis, a fusión das imaxes multimodais permite precisar a localización da zona de estudo e valorar a captación radiactiva a dito nivel.

Servizos

A Unidade de Imaxe Experimental encárgase da adquisición e procesado de imaxes estruturais e funcionais preclínicas en pequenos roedores. De forma complementaria, tamén permite a fusión das imaxes obtidas mediante eo emprego de software de imaxe.

Actualmente a Unidade ofrece os seus servizos a diferentes grupos de investigación, sendo Neuroloxía, Farmacia, Oncoloxía, Cardioloxía e Endocrinoloxía as áreas con maior demanda.

Tarifas

Estamos actualizando as tarifas desta plataforma. Consúltanos para máis información.

Contacto

Pablo Aguiar Fernández
pablo.aguiar.fernandez@sergas.es