Unidade Transversal de Metodoloxía da Investigación (UTAMI)
PLATAFORMAS DE APOIO COMÚN
Descrición
A Unidade Transversal de Metodoloxía da Investigación (UTAMI) é unha unidade de apoio especializada en metodoloxía da investigación, bioestatística, bioética e regulatoria. UTAMI coordínase desde a Unidade de Metodoloxía da Investigación da Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela co obxectivo de potenciar a investigación competitiva ofrecendo ao persoal investigador un servizo altamente cualificado, dirixido a fomentar tres aspectos fundamentais en investigación: proxectos de investigación, publicacións científicas e teses doctorais.
Servizos
Metodoloxía
- Apoio no plantexamento de proxectos para convocatorias competitivas
- Deseño de estudos de intervención: experimentais e cuasiexperimentais
- Deseño de estudos observacionais
- Revisións sistemáticas
- Validación de enquisas
- Planificación análises estatísticos
- Control/identificación de sesgos
Bioestatística
- Deseño de plan de análises estatísticos con técnicas descritivas e/ou analíticas
- Xustificación formal de tamaños de mostra
- Deseño e depuración de bases de datos
- Apoio na realización de análises estatísticas
Bioética e regulatoria
- Asesoría científica en estudos con datos relativos á saúde encamiñada a obter as autorizacións sanitarias pertinentes (CEI, CEIm, AEMPS)
- Asesoría no deseño de consentimentos informados de investigación
- Adecuación dos estudos de investigación promovidos pola entidade á normativa ético-legal vixente
Tarifas
En proceso de elaboración. Consúltanos para máis información.