Federico Martinón Torres

Investigador líder do grupo C020 - Xenética, Vacinas, Infeccións e Pediatría (GENVIP)

MD, PhD, Xefe de Pediatría, Director de Pediatría Traslacional e Enfermidades Infecciosas no Hospital Clínico Universitario de Santiago (España), Profesor Asociado de Pediatría na Universidade de Santiago e Académico da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia. Os seus principais intereses de investigación son: vacinas, enfermidades infecciosas, enfermidade meningocócica, xenética do hóspede e biomarcadores. Xestionou directamente ou dirixiu como IP máis de 50 proxectos de investigación competitivos (2 FP7, 4 H2020 y 3 IMI2), 80 ensaios clínicos de vacinas de fase 1 a 3, e 25 bolsas de colaboración relacionadas con enfermidades infecciosas e xenómica. Ten un factor de impacto acumulado > 1800 (JCR 2018).