Investigación clínica

A investigación clínica é un apartado fundamental da actividade investigadora de calquera institución que realice investigación biomédica e unha das principais áreas da actividade investigadora do IDIS. O IDIS ofrece soporte para a posta en marcha e tramitación de toda a documentación necesaria para levar a cabo estudos clínicos comerciais e independentes.

Evolución de novos contratos de estudos clínicos:

2018 2019 2020 2021
Ensaios 83 86 85 115
Estudos 120 145 171 150
TOTAL 203 231 256 265

Oficina de Ensaios Clínicos

A Oficina de Ensaios Clínicos ocúpase da tramitación necesaria para iniciar estudos clínicos nos centros do seu ámbito de actuación, entre outras tarefas:

  • Xestión de contratos
  • Seguimento económico e Facturación
  • Solicitudes ás Autoridades Sanitarias
  • Solicitude de presupostos a CROs e contratación de seguro de responsabilidade civil.

De maneira xeral, tódolos estudos que se realicen no ámbito da investigación biomédica e que impliquen a seres humanos, as súas mostras ou os seus datos de carácter persoal, deben ser sometidos á consideración dun Comité de ética da investigación acreditado. El enlace para el CEIm de Galicia es el siguiente: https://acis.sergas.es/cartafol/Redes-de-Comites-de-Etica-da-Investigacion?idioma=es

Así mesmo, para iniciar calquera estudo clínico é necesario o visto e prace da Xerencia da Área Sanitaria.

Para máis información, póñase en contacto co Departamento de Estudos Clínicos da FIDIS: https://www.idisantiago.es/estudios-clinicos/

Unidade de Ensaios Clínicos en Fases Temperás

Esta Unidade está dispoñible para a realización de ensaios clínicos de fase inicial (I e II). Conta con consulta médica, sala de tratamentos con capacidade para 6 sillóns, despacho administrativo e sala de tratamento e almacenamento de mostras. A Unidade foi recentemente certificada polo Ministerio de Sanidade. Para máis información e condicións de uso podes contactar con ma.teresa.cabaleiro.ocampo@sergas.es.

Sala de Vixilancia

Espazo reservado para tarefas de seguimento de ensaios clínicos. Ten capacidade para 5 postos de traballo, e está dotado de ordenadores.

Arquivo de Documentación de Ensaios Clínicos

 

Sala para a custodia da documentación dos ensaios clínicos realizados durante o tempo que estableza a normativa aplicable ou o promotor. Está situado na planta -5 do Hospital Clínico Universitario de Santiago e está a disposición de todos aqueles Promotores que contraten este servizo.

Plataforma de Investigación Clínica Independente

A Plataforma de Investigación Clínica Independente do Instituto de Investigación Carlos III (ISCIII) potencia o desenvolvemento de estudos clínicos académicos, en especial aqueles financiados polo ISCIII. O contacto da Plataforma no IDIS é plataformaici.fidis.santiago@sergas.es.