Obxectivos e liñas de investigación
Obxectivos
O oxectivo xeral do Grupo de Cirurxía é desenvolver investigación clínica e experimental sobre os avances que teñan lugar dentro das cinco áreas da Cirurxía que están representadas no grupo de investigación: Cirurxía Xeral e do Aparato Dixestivo, Traumatoloxía e Ortopedia, Neurocirurxía, Uroloxía e Cirurxía Cardíaca. Tamén se desenvolve investigación sobre as complicacións postoperatorias que poden ter lugar despois da realización de intervencións quirúrxicas nestas áreas da Cirurxía.
Liñas de investigación
1. Infeccións postoperatorias en Cirurxía.
2. Prevención do desenvolvemento de adherencias intra-abdominais.
3. Ética en Cirurxía: Consentimento Informado.
4. Osteoporose.
5. Osteoartrite dexenerativa.
6. Estimulación cerebral profunda.
7. Monitorización do paciente neurocrítico.
8. Revascularización da isquemia cerebral.
9. Factores predictivos das complicacións quirúrxicas en cirurxía da litíase renal.
10. Calidade de vida dos pacientes con enfermidade litiásica.
11. Factores pronósticos e predictivos de resposta a tratamentos en cancro de próstata avanzado metastásico e resistente a castración.
12. Fallo renal postoperatorio en cirurxía cardíaca.
13. Bioloxía funcional do tecido adiposo epicárdico.
14. Deterioro estrutural de biopróteses valvulares.
Equipo investigador
Líder
Caínzos Fernández, Miguel Ángel
Membros
Ausania, Fabio
Caeiro Rey, José Ramón
Domínguez Comesaña, Elías
Duro Penkova, Carolina
Fernández González, Ángel Luis
González Abós, Carolina
Pérez Fentes, Daniel Adolfo
Prieto Carreiras, Luis
Vidal Herrador, Beatriz