Seminario IDIS “Plataformas de apoio á investigación biomédica”

3 Marzo 2020

O Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS) organiza o seminario “Plataformas de apoio á investigación biomédica”, que terá lugar os vindeiros 10 e 18 de marzo de 2020, e se celebrará no Theatre Room do Centro de Investigación en Medicina Molecular y Enfermedades Crónicas (CiMUS).

O seminario ten por obxetivo mostrar á comunidade investigadora e ás empresas do sector biotecnolóxico o potencial das plataformas tecnolóxicas do IDIS como unidades de apoio á investigación e ao desenvolvemento de biotecnoloxía, caracterizadas polo seu alto valor estratéxico, equipadas coa última tecnoloxía e dotadas de persoal altamente especializado.

Inscripción gratuíta ata completar aforo. Necesaria inscrición a través deste formulario de inscrición

[vc_btn title=”Programa do seminario” color=”primary” align=”center” link=”url:download/3023/||target:%20_blank|” el_class=”spin-off-button”]

ACTUALIZACIÓN 04/03/2020: Seguindo as instruccións dadas polo Ministerio de Sanidad e a Consellería de Sanidade, que suspenden a organización de congresos, cursos, seminarios e xornadas de formación ata novo aviso, o Seminario IDIS “Plataformas de apoio á investigación biomédica” queda aprazado ata novo aviso. Agardamos poder anunciar as novas datas de celebración nos vindeiros días. 

Más noticias

Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.