O Comité Científico Externo do IDIS avaía a actividade científica e a evolución do Instituto

6 Novembro 2026

Ángel Facio, Isabel Lista e Mª Luz Couce participaron na benvida institucional

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2026.– O pasado xoves, o IDIS celebrou unha reunión co seu Comité Científico Externo para analizar a situación actual do instituto, avaliar a súa actividade investigadora e revisar o progreso dos seus grupos de investigación.

A xornada comezou cunha benvida institucional na que participaron Ángel Facio, xerente da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza; Mª Luz Couce, directora científica do IDIS; e Isabel Lista, directora da Fundación Pública Galega IDIS.

Durante o encontro, a directora científica do IDIS ofreceu unha visión xeral e detallada do estado actual do instituto, abordando a súa actividade científica, o seu desenvolvemento e os principais retos e oportunidades de futuro. Trala presentación, os membros do Comité Científico Externo realizaron unha avaliación global do instituto, achegando as súas perspectivas expertas e independentes sobre o seu desenvolvemento e orientación estratéxica.

Así mesmo, a xornada incluíu a avaliación de diversos grupos de investigación do IDIS, co obxectivo de analizar as súas actividades e avances, así como de identificar oportunidades de mellora e vías para fortalecer as súas capacidades científicas.

Esta reunión reflicte o compromiso do IDIS coa excelencia científica, a avaliación externa e a mellora continua; aspectos todos eles fundamentais para consolidar os seus esforzos investigadores e avanzar no desenvolvemento dunha investigación biomédica de alta calidade que repercuta positivamente na saúde pública.

 

Más noticias

Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.