O 9 de abril de 2024 terá lugar a xornada BioIntegraSaúde 2024, co-organizada polos tres institutos: IDIS, IISGS e INIBIC.
Este ano o acto celebrarase no Salón de Actos do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo (Andar 0, zona de docencia. Ctra Clara Campoamor, nº 341) e estará aberto a todos os axentes galegos de xeración e transferencia de coñecemento no ámbito da saúde, que se espera que participen activamente nas mesas de debate previstas no programa.
O desenvolvemento da Xornada constará de tres Mesas de Debate sobre Terapias Avanzadas; Biomarcadores e Intelixencia Artificial.
Ademais, este ano e como novidade haberá unha sesión reservada a persoal investigador en formación ou posdoutorais recentes que se realizará a través do concurso “Os teus 3 minuteses“, no que as persoas participantes deberán explicar a investigación que realizan no seu doutoramento nun vídeo de tres minutos, e dun xeito accesible, utilizando unha linguaxe sinxela e comprensible. Unha comisión de valoración outorgará tres premios aos mellores vídeos e haberá un premio que será entregado polo público asistente.
A asistencia á xornada é gratuita. O prazo de inscripción estará aberto ata o 2 de abril de 2024, podes acceder á mesma aquí.
Consulta as bases do concurso “Os teus 3 minuteses” aquí. Accede ao formulario de inscripción no concurso “Os teus 3 minuteses” aquí.
Consulta o programa da xornada aquí.
Máis información en biointegrasaude.iisgaliciasur.es