Cargando eventos

BIOINTEGRASAÚDE 2024

9 de Abril

O 9 de abril de 2024 terá lugar a xornada BioIntegraSaúde 2024, co-organizada polos tres institutos: IDIS, IISGS e INIBIC.

Este ano o acto celebrarase no Salón de Actos do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo (Andar 0, zona de docencia. Ctra Clara Campoamor, nº 341) e estará aberto a todos os axentes galegos de xeración e transferencia de coñecemento no ámbito da saúde, que se espera que participen activamente nas mesas de debate previstas no programa.

O desenvolvemento da Xornada constará de tres Mesas de Debate sobre Terapias Avanzadas; Biomarcadores e Intelixencia Artificial.

Ademais, este ano e como novidade haberá unha sesión reservada a persoal investigador en formación ou posdoutorais recentes que se realizará a través do concurso “Os teus 3 minuteses“, no que as persoas participantes deberán explicar a investigación que realizan no seu doutoramento nun vídeo de tres minutos, e dun xeito accesible, utilizando unha linguaxe sinxela e comprensible. Unha comisión de valoración outorgará tres premios aos mellores vídeos e haberá un premio que será entregado polo público asistente.

A asistencia á xornada é gratuita. O prazo de inscripción estará aberto ata o 2 de abril de 2024, podes acceder á mesma aquí.

Consulta as bases do concurso “Os teus 3 minutesesaquí.  Accede ao formulario de inscripción no concurso “Os teus 3 minutesesaquí.  

Consulta o programa da xornada aquí.

Máis información en biointegrasaude.iisgaliciasur.es 

Share This Event

  • Este evento pasou.

Detalles

Data:
9 de Abril
Categoría do Evento:
Páxina web:
https://www.fundacionbiomedica.org/event/biointegrasaude-2024/

Recinto

Salón de Actos do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo
Ctra Clara Campoamor, nº 341
Vigo, Pontevedra 36312 Spain
+ Google Map
Phone
986 217452

Protagonistas

Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS)
Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur
Instituto de Investigación Biomédica de A Coruña