E073 – Cronicidade, Innovación Educativa e Tecnoloxías aplicadas á saúde (CroniEduTec)

Obxectivos e liñas de investigación

Obxectivos e liñas de investigación

O grupo de Cronicidade, Innovación Educativa e Tecnoloxías aplicadas á saúde (CroniEduTec) desenvolveu desde 2021 unha estratexia de investigación dirixida á articulación do coñecemento científico e tecnolóxico con procesos de innovación educativa en saúde estruturando o seu traballo ao redor de tres liñas de investigación complementarias que responden aos principais retos dos sistemas sanitarios e sociais de nosa contorna:

  • Cronicidade, envellecemento saudable e atención comunitaria: desde 2021, esta liña consolidouse como referente na investigación aplicada sobre modelos de atención clínica e social en contextos comunitarios para persoas con enfermidades crónicas e envellecemento. O grupo integra perspectiva clínica rigorosa coa atención comunitaria e a análise de determinantes sociais, desenvolvendo intervencións baseadas en evidencia que optimizan a funcionalidade, a autonomía, a calidade
    de vida e a equidade sanitaria.
  • Innovación educativa: esta liña experimentou un desenvolvemento significativo entre 2021 e 2025, consolidándose como espazo de referencia para a innovación nas metodoloxías docentes no contexto clínico e social. O grupo deseña intervencións educativas innovadoras no contexto de formación de grao, posgrao e especializada, dirixidas a estudantes, profesionais sanitarios e pacientes. Cun enfoque clínico baseado na evidencia e sensibilidade ás dimensións sociais da saúde, o grupo desenvolve modelos de ensino aprendizaxe que melloran a adquisición de competencias, os coñecementos e autogestión dos pacientes, integrando ferramentas educativas avanzadas baseadas en novas tecnoloxías como realidade virtual, realidade aumentada e simulación clínica.
  • Educación terapéutica e tecnoloxías aplicadas á saúde: esta liña consolidouse como referente na investigación sobre o uso de novas tecnoloxías aplicadas á saúde, especialmente no ámbito da diabetes. Desenvolvéronse estudos centrados na predición da diabetes a partir da análise avanzada de datos de monitorización continua da glicosa, así como na avaliación de terapias baseadas en tecnoloxía orientadas á autogestión da enfermidade, co propósito de favorecer a súa incorporación eficiente á práctica clínica habitual. Esta orientación estratéxica permitiu a colaboración con outros grupos de traballo, como o Grupo de Tecnoloxías Aplicadas á Diabetes da Sociedade Española de Diabetes, o
    grupo IDIS-Resmet e as Unidades de Tecnoloxía Aplicada á Diabetes do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela e do Hospital Xeral de Ciudad Real. Adicionalmente, o grupo colabora en proxectos que integran outras tecnoloxías biomédicas, como técnicas avanzadas de imaxe (PET, análise de texturas), contribuíndo a ampliar o espectro de aplicacións tecnolóxicas no ámbito sanitario.

A través destas tres liñas estratéxicas, o grupo xera un conxunto articulado de sinerxías entre institucións públicas e privadas que se materializan en proxectos de investigación competitivos de ámbito nacional e internacional, contratos de colaboración científica e técnica, publicacións en revistas de alto impacto, e procesos de transferencia en contextos reais de atención á saúde e servizos sociais. As colaboracións estratéxicas existentes e futuras permiten consolidar un ecosistema de investigación e innovación que favorece a excelencia científica, a formación de novo talento investigador, e a adopción e integración sustentable de solucións baseadas en evidencia nos ámbitos clínico, comunitario e social.

Equipo investigador
Líder
Pazos Couselo, Marcos

 

Colíder
Rodríguez González, Raquel

Membros
Antelo Iglesias, Lucía
Carreiro Alonso, Miguel Ángel
Gandoy Crego, Manuel
Gerbaudo González, Noelia Beatriz
Rey Bretal, David

Persoal Colaborador Externo
Ferreira Díaz, María José
Martínez Santos, Alba Elena

Publicacións
  • Vicho-de-la-Fuente N, Martínez-Santos AE, Rodríguez-González R, Florez A, Sheaf G, Coyne I. Impact of atopic dermatitis on adolescents and families: A mixed-method systematic review. J Adv Nurs 2025;81(8):4360-4387. doi: 10.1111/jan.16652
  • Gómez-Lado N, Rey-Bretal D, Piñeiro-Fiel M, Díaz-Platas L, Medín-Aguerre S, Fernández-Ferreiro A, Ruibal Á, Pubul V, Caicedo-Valdés D, Aguiar P. Longitudinal [18F]FMISO PET evaluation of hypoxic tissue in a rat model of hindlimb ischemia. Mol Pharm 2025;23(1):310-318. doi: 10.1021/acs.molpharmaceut.5c00994
  • Chico A, Pazos-Couselo M, Nattero-Chavez L, Simó-Servat O, Durán-Martínez M, Ugarte-Abasolo E, Aguilera E, Andía V, Moreno-Fernández J, Granados M, Rebollo A, Fernandez-Rubio E, Quirós C, Alpañés M, Márquez R, Beato-Víbora P, Lado-Baleato Ó, Picón-César MJ. Beyond glycemic metrics: Real-world benefits of connected insulin pens in type 1 diabetes. Diabetes Res Clin Pract 2025;226:112377. doi: 10.1016/j.diabres.2025.112377.
  • Pazos-Couselo M, Lado-Baleato Ó, Izquierdo V, Moreno-Fernández J, Alonso-Sampedro M, Fernández-Merino C, Gude F. Diabetes risk assessment in adult population without diabetes employing continuous glucose monitoring: A novel approach. Diabetes Res Clin Pract 2025;226:112286. doi: 10.1016/j.diabres.2025.112286.
  • Fernandez-Pombo A, Nogareda-Seoane Z, Cameselle-Teijeiro JM, Ecenarro-Montiel A, Vieira-Leite C, Rodriguez-Carnero G, Otero-Mato N, Pubul-Nuñez V, Pazos-Couselo M, Loidi L, Cabezas-Agricola JM. New insights into the clinical characterization of SDHAF2-related familial paraganglioma syndrome. J Clin Endocrinol Metab 2025;110(11). doi: 10.1210/clinem/dgaf149.
  • Bugallo-Carrera C, Dosil-Díaz C, Pereiro AX, Anido-Rifón L, Gandoy-Crego M. Factors that indicate performance on the MoCA 7.3 in healthy adults over 50 years old. BMC Geriatr 2024;24:482. doi: 10.1186/s12877-024-05102-1.
  • Gerbaudo-González N, Rodríguez-González R, Facal-Mayo D, Gandoy-Crego M. Personalized interactive multimedia systems to support meaningful activities in dementia care: A systematic review. Arch Gerontol Geriatr 2024;127:105575. doi: 10.1016/j.archger.2024.105575.
  • Rey-Bretal D, García-Varela L, Gómez-Lado N, Moscoso A, Piñeiro-Fiel M, Díaz-Platas L, Medin S, Fernández-Ferreiro A, Ruibal Á, Sobrino T, Silva-Rodríguez J, Aguiar P. Quantitative brain [18F] FDG PET beyond normal blood glucose levels. Neuroimage 2024;3000:120873. doi: 10.1016/j.neuroimage.2024.120873.