Ética, integridade, xénero e ciencia aberta

A Fundación Pública Galega IDIS conta cun Manual de calidade e boas prácticas de investigación, que é de obrigado cumprimento para todo o persoal do IDIS e da súa fundación, e que recolle as obrigacións legais e os principios éticos que rexen a actividade investigadora, incluíndo as relacións entre os membros dos equipos de investigación, a produción científica e a protección da propiedade intelectual. O manual establece, así mesmo, as responsabilidades respecto á protección de datos —con especial atención aos datos clínicos de persoas— e cales son os procedementos que deben aplicarse en casos de conflito de interese ou de detección de mala praxe profesional.

Doutra banda, FIDIS conta cun Plan de igualdade que quere garantir non só condicións de traballo equitativas para todas as persoas do equipo e medidas específicas de conciliación, e de prevención e resposta ante casos de acoso, senón que busca aplicar a perspectiva de xénero a todas as áreas, políticas e decisións da entidade.

O IDIS conta cunha Política de ciencia aberta que promove a publicación dos resultados de todas as súas investigacións de acordo cos principios FAIR (Findable, Accessible, Interoperable and Reusable), en repositorios de datos abertos e recoñecidos, como a estrutura European Open Science Cloud (EOSC). Complementariamente, o IDIS ofrece axudas económicas ao seu persoal investigador para a publicación de artigos en acceso aberto.

IDIS promove a interacción entre ciencia e sociedade e por iso inclúe no seu Plan de comunicación anual numerosas actividades de divulgación e participación cidadá.

Volver >>

 

Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.