Máis de 300 persoas participan na III Carreira de Orientación polo Ictus en Santiago de Compostela

28 Setembro 2026

Pelayo García, investigador do IDIS e un dos promotores da actividade, agradeceu a participación de tódalas persoas así como o apoio de patrocinadores e entidades colaboradoras e organizadoras

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2026.– Máis de 300 persoas participaron este último domingo de setembro na III Carreira de Orientación polo Ictus, unha iniciativa deportiva e solidaria organizada polo Grupo Ictus Traslacional (TREAT), do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS), que se celebrou nos exteriores da Cidade da Cultura de Galicia.

A actividade volveu combinar deporte, divulgación e solidariedade co obxectivo de contribuír a visibilizar o ictus e o impacto desta enfermidade nas persoas afectadas e nas súas familias. A recadación obtida a través das doazóns destinarase a Dano Cerebral Galicia, entidade dedicada á atención e apoio das persoas con dano cerebral adquirido e das súas familias.

Tras a carreira, Pelayo García, investigador do IDIS e un dos promotores da actividade, quixo agradecer, en nome da organización, a participación de todas as persoas que fixeron posible esta terceira edición, así como o apoio dos patrocinadores e entidades colaboradoras e organizadoras: o grupo TREAT do IDIS e a Federación Galega de Orientación (FEGADO).

Así mesmo, a organización destacou a importancia de recoñecer o valor das persoas que sufriron un ictus e das súas familias, protagonistas e destinatarias do compromiso que impulsa esta iniciativa. Esta terceira edición dá continuidade a unha proposta que xa contara cunha importante participación nas súas dúas convocatorias anteriores, consolidando a carreira como un punto de encontro entre actividade física e concienciación sobre o ictus.

Más noticias

Música, ciencia y emoción se entrelazaron en Sensogenoma 26, que volvió a convertir el Auditorio de Galicia en un gran laboratorio

Música, ciencia y emoción se entrelazaron en Sensogenoma 26, que volvió a convertir el Auditorio de Galicia en un gran laboratorio

El quinto aniversario de Sensogenoma reunió a casi un millar de personas que disfrutaron del mejor repertorio de la Real Filharmonía de Galicia y la Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela

Doscientas personas del público participaron como donantes en este proyecto que estudia la respuesta molecular a la música desarrollado por los grupos GenPoB y GenVip del IDIS y de la USC

ler máis
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.