O IDIS participa na Feira Biospain 2026 que busca reforzar a unión de ciencia e industria e atraer investimento

30 Setembro 2026

Persoal do departamento de Innovación e Transferencia do IDIS forma parte da delegación galega desprazada esta semana a Bilbao

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2026.– Persoal do departamento de Innovación e Transferencia do IDIS forma parte da delegación galega presente na Feira Biospain 2026, que se celebra en Bilbao até este xoves, co obxectivo de reforzar o traballo conxunto de ciencia e industria e atraer investimento e novos proxectos.

Biospain é o evento de referencia do sector en Europa. Nesta 13.ª edición a delegación galega está integrada por 14 entidades, entre fundacións de investigación sanitaria, agrupacións industriais, as tres universidades públicas, representantes do tecido empresarial e a Xunta de Galicia.

O ecosistema galego reúne máis de 160 entidades activas en biotecnoloxía e capacidades especializadas en ámbitos como a saúde e a biomedicina, a alimentación, os recursos mariños, a bioeconomía ou as aplicacións industriais e ambientais da biotecnoloxía. A participación en Biospain busca atraer investimento e talento, conectar empresas e capacidades científicas, impulsar novos proxectos nacionais e europeos e reforzar o posicionamento internacional de Galicia, favorecendo que novas compañías e iniciativas poidan desenvolverse, industrializarse e competir internacionalmente desde a comunidade.

Biospain 2026 coincide coa recente posta en marcha da Estratexia de Biotecnoloxía en Galicia 2026-2030, que prevé mobilizar máis de 800 millóns de euros para fortalecer  unha cadea de valor que abrangue desde a investigación e a transferencia tecnolóxica até a creación de empresas, o financiamento e a implantación industrial.

Entre os activos nesta nova etapa, destaca a factoría europea de intelixencia artificial 1HealthAI, que albergará o Centro de Supercomputación de Galicia e a única centrada no enfoque One Health. Cun investimento de 82 millóns de euros, esta infraestrutura conecta biotecnoloxía, intelixencia artificial, supercomputación e datos avanzados e permitirá ofrecer novas capacidades a empresas, centros de investigación e axentes do sistema sanitario.

 

Más noticias

Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.