A Fundación Pública Galega IDIS presente na undécima edición do Fórum RIES 2026

15 Outubro 2026

A cita conecta aos principais axentes da cadena de valor da saúde: institucións públicas, industria, investigación, innovación, inversión e sociedade, nun espazo orientado á xeración do impacto real

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2026.— A Fundación Pública Galega IDIS patrocina e participa no RIES 2026, un foro sobre innovación e tecnoloxía no sector sanitario que se está a celebrar na Toxa, organizado polo Cluster Saúde de Galicia. A directora do IDIS, Isabel Lista, encabeza a nosa delegación, acompañada por Mabel Sampedro e Laura López, do Departamento de Transferencia Tecnolóxica e Innovación.

Trátase da undécima edición deste evento, que reúne institucións públicas, a industria, a comunidade investigadora, investidores e a sociedade en xeral. O seu obxectivo é impulsar a innovación sanitaria, fomentar a cooperación público-privada, acelerar a transferencia de coñecemento e reforzar a proxección internacional do ecosistema sanitario galego.

Segundo o Foro RIES, o sector —que combina o investimento público e a actividade do eido privado— supera os 9.500 millóns de euros anuais, o que representa máis do 11 % do PIB de Galicia. O ecosistema abrangue máis de 100 entidades e xera 168.810 postos de traballo, cunha industria biomédica que medra a un ritmo de entre o 10 % e o 12 % anual.

Más noticias

Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.