A exposición ao fume ambiental do tabaco causou preto de 5.000 mortes en España e 280 en Galicia

15 Maio 2024

Diana Carolina López Medina defendeu a súa tese dirixida por investigadoras do IDIS que expón os falecementos por cancro de pulmón e cardiopatía isquémica asociados ao fume do tabaco

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2024.- A cifra de mortes atribuídas á exposición do fume do tabaco é relevante en España. A investigadora Diana Carolina López Medina defendeu a súa tese doutoral titulada “Carga de mortalidade atribuída á exposición ao fume ambiental de tabaco en España: estimacións e achegas metodolóxicas”. O traballo que foi dirixido polas doutoras do grupo de Epidemioloxía, Saúde Pública e Avaliación de Servizos de Saúde do IDIS, Mónica Pérez Ríos e María Leonor Varela Lema, conta co financiamento do Instituto de Saúde Carlos III xestionada pola FIDIS.

A tese céntrase no impacto da exposición ao fume ambiental do tabaco e as súas consecuencias inmediatas e a longo prazo na saúde da poboación, un tema especialmente relevante dado os últimos avances lexislativos que se enmarcan dentro do Plan Integral para a Prevención e Control do Tabaquismo do Goberno español. A tese defendida pon de manifesto a importancia do fume ambiental de tabaco como factor de risco para a saúde, tanto a nivel mundial como en España.

Resultados

Ata a realización desta investigación non se dispoñía de estimacións de mortalidade atribuída ao fume ambiental de tabaco desagregada para as diferentes comunidades autónomas que forman España, objetivándose a variabilidade existente que sitúa a Andalucía como a Comunidade Autónoma na que a carga é maior. Isto achega información importante para direccionar as estratexias de saúde pública e lexislativas en cada zona xeográfica de España.

En relación coas estimacións da mortalidade atribuída (MA) ao fume ambiental de tabaco (HAT) en España, e asociado a un descenso na prevalencia de exposición desde o ano 2006; obxectivouse un descenso nas estimacións de MA á exposición ao fume ambiental de tabaco. En 2020 estimouse que a exposición ao HAT produciu en España 747 mortes. Ademais, en 2020 en España a morte dun non fumador asociada á exposición ao HAT relacionábase á existencia de 400 fumadores.

No período 2016-2021 a exposición ao fume ambiental do tabaco produciu en España 4.970 mortes asociadas ao cancro de pulmón e á cardiopatía isquémica e un total de 280 en Galicia. A carga varía entre comunidades autónomas, sendo Andalucía a máis prexudicada, mentres que en Madrid foi menor. En España, a carga de mortalidade atribuída ao HAT non é despreciable e é totalmente evitable, o que reforza a necesidade de seguir avanzando en políticas de control de tabaquismo que protexan de forma integral á poboación.

Más noticias

Este martes presentouse na Cidade da Cultura de Galicia unha iniciativa estratéxica de cooperación transfronteiriza en saúde financiada pola Unión...

ler máis
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.