Atlantic KET MED_Webinar #5: Nanomedicina, Que é e para que pode servir?

7 Abril 2021

Atlantic KET MED é o proxecto de Interreg Espazo Atlántico que apoia ás PEMES e ás start- ups no uso das Tecnoloxías Facilitadoras Clave ( KETs) para producir dispositivos médicos de nova xeración.

No marco do proxecto, INL promove un webinar que reúne a tres recoñecidos expertos no campo da nanomedicina que explorarán a aplicación médica da nanotecnoloxía.

Ruth Schmid, Presidenta da ETP Nanomedicina, explica que é a nanomedicina e asexpectativas desta tecnoloxía innovadora no presente e no futuro próximo.

A sesión inclúe a presentación de dous casos de éxito en nanomedicina: BioKeralty, por Ángel del Pozo e o Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela IDIS, por María de la Fuente Freire.

AXENDA

  • 10h00 | O proxecto Atlantic KET MED
  • 10h15 | Nanomedicina hoxe e mañá, Ruth Schmid – Presidenta da ETP Nanomedicina)
  • 10h45 | Nanopartículas magnéticas para a termoterapia en tumores sólidos – O caso Nocanther, Ángel del Pozo, Subdirector de Estratexia de Programas – Instituto de Investigación BioKeralty.
  • 11h05 | DIVERSA, Delivery Innovation for VERsatile Solutions in Advanced therapeutics, María de la Fuente Freire – Xefa da Unidade de Nano-Oncoloxía e Terapéutica Traslacional, Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela ( IDIS)

14 de abril, 2021 – 10:00 a. m. hora Lisboa

Únete ao debate e aproveita a oportunidade de conectar co ecosistema da nanomedicina

Axenda

Inscríbete aquí

Socios AKM

Más noticias

O grupo Xenética Psiquiátrica do IDIS descobre patróns xenéticos compartidos e diferenciais entre trastornos mentais mediante unha abordaxe estatística novidosa en psiquiatría

O grupo Xenética Psiquiátrica do IDIS descobre patróns xenéticos compartidos e diferenciais entre trastornos mentais mediante unha abordaxe estatística novidosa en psiquiatría

Este método, guiado polos datos, poderá axudar a mellorar a identificación en etapas iniciais dunha forma máis obxectiva e a comprender a presenza de distintos trastornos nunha mesma persoa

O principal beneficio potencial para clínicos e pacientes é avanzar cara a unha psiquiatría máis personalizada, na que as decisións diagnósticas e terapéuticas poidan adaptarse mellor ás características de cada persoa

ler máis
A investigadora Sonia Eiras recibe o VII Premio Ramiro Carregal de Investigación en Cardioloxía polo seu traballo sobre graxa epicárdica inflamada e anuncia a creación dun grupo multidisciplinar para acelerar a investigación

A investigadora Sonia Eiras recibe o VII Premio Ramiro Carregal de Investigación en Cardioloxía polo seu traballo sobre graxa epicárdica inflamada e anuncia a creación dun grupo multidisciplinar para acelerar a investigación

O traballo premiado afonda no coñecemento dos factores que favorecen a acumulación de graxa epicárdica inflamada para desenvolver métodos diagnósticos sinxelos e accesibles que permitan identificala precozmente e deseñar novas estratexias de prevención e tratamento
Acompañaron a premiada o presidente do Parlamento de Galicia e a alcaldesa de Santiago, ademais do presidente da Fundación Pública Galega IDIS, Ángel Facio e a directora científica do IDIS, M.ª Luz Couce

ler máis