Xa está dispoñible o boletín do IDIS do mes de febreiro de 2025. Podes descargalo en PDF aquí.
Journal of Medical Genetics actualiza as recomendacións do consorcio ENIGMA para a comunicación de variantes xenéticas en cancro hereditario e incorpora a versión en galego elaborada por investigadores do IDIS
“O noso obxectivo foi conseguir que a versión galega transmitise exactamente o mesmo significado científico e clínico que o documento orixinal”, explica Ana Vega, líder do grupo Xenética en Cancro e Enfermidades Raras



