Cargando eventos

Curso de RCP Neonatal Avanzada

30 de Marzo de 2022 | 16:00 - 31 de Marzo de 2022 | 21:00

A Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (FIDIS) xunto co Servizo de Neonatoloxía do Hospital Clínico Universitario de Santiago e a Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela, organizan o Curso de RCP NEONATAL BÁSICA, dirixido pola doutora Natalia Mandiá Rodríguez e a doutora Mª Luz Couce.

Obxectivos do Curso: Os obxectivos do curso son coñecer os conceptos clave de asistencia e reanimación cardiopulmonar do recén nacido, introducir coñecementos básicos de anatomía e fisioloxía neonatal fomentando a aprendizaxe da anticipación e preparación, aplicar a secuencia de actuación inicial na asistencia e reanimación do recén nacido en sala de partos e a atención inicial das situacións clínicas especiais máis frecuentes e definir e valorar aspectos éticos da actuación na sala de partos.

Contido do Curso: O curso realizarase de forma presencial coa dispoñibilidade previa do contido teórico para que o alumnado poida aprender e familiarizarse cos algoritmos de reanimación neonatal básica. Contará cun exame teórico previo ao comezo do curso no que se avaliará o nivel inicial do alumnado e un exame teórico e práctico ao finalizar o curso. As clases teóricas son breves, cunha duración estimada de 15 minutos cada unha e que servirán como repaso da secuencia de reanimación previas á realización das prácticas.

Dirixido a: Médicos e Especialistas en Xinecoloxía e Obstetricia, Enfermería do Servizo de Obstetricia e Matronas. Todos eles, persoal do Hospital Clínico Universitario de Santiago.

Lugar de celebración: Aula de Simulación Perinatal (Hospital Gil Casares; Complexo Hospitalario Universitario de Santiago).

Data: 2 de marzo de 2022

Horario: 16:00  – 20:30

Inscricións:

Cota de inscrición: 70 euros (ingreso por transferencia bancaria)

Número de alumnos: 24, repartidos en 3 grupos de 8 persoas

As inscricións realizaranse exclusivamente a través do seguinte formulario.

A reserva da praza farase por rigorosa orde de solicitude.

Actividade acreditada pola Comisión Autonómica de Formación Continuada de Galicia (en trámite).

Programa:

30 de marzo

16:00 – 16:15 Benvida e Presentación do curso.

16:15 – 16:30 Avaliación teórica inicial.

16:30 – 17:00 Unidade teórica I. Anticipación, preparación, pasos iniciais. Ventilación con mascarilla.

17:00 – 17:30 Unidade teórica II. Intubación e masaxe cardíaco. Vías de infusión, fármacos e líquidos.

17:30 – 17:45 Descanso

17:45 – 19:00 Unidade práctica I. Anticipación, preparación, pasos iniciais. Ventilación con mascarilla.

19:00 – 20:30 Unidad práctica II. Vías de infusión, fármacos e líquidos. Canalización umbilical

31 de marzo

16:00 – 16:30 Unidade teórica III. Situacionóns clínicas especiais.

16:30 – 17:30 Unidade práctica III. Intubación e masaxe cardíaco.

17:30 – 17:45 Descanso

17:45 – 19:00 Unidade práctica IV. Situacións clínicas especiais.

19:00 – 20:30 Prácticas integrais. Simulación de casos clínicos. Avaliación práctica.

20:30 – 21:00 Avaliación teórica final.

Peche.

Share This Event

  • Este evento pasou.

Detalles

Comezo:
30 de Marzo de 2022 | 16:00
Remate:
31 de Marzo de 2022 | 21:00
Custe:
250EUR
Categoría do Evento:

Recinto

Aula de Simulación Perinatal (Hospital Gil Casares)
Travesía da Choupana s/n
Santiago de Compostela, A Coruña 15706 España
+ Google Map
Phone
981950000

Protagonistas

Fundación IDIS
Servicio de Neonatología del Complexo Hospitalario Universitario de Santiago