Cargando eventos

Día da muller e a nena na ciencia

9 de Febreiro | 10:00 - 12:00

O 9 de febreiro de 2024 celebramos no IDIS o “Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia”  cun diálogo entre investigadoras no ámbito da biomedicina dos institutos de investigación sanitaria galegos.

O Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia (11 de febreiro) foi proclamado no 2015 pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas co fin de lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas.

O acto será presentado por:

Estrella López Pardo – Xerente do Servizo Galego de Saúde

Eloína Núñez Masid – Xerente da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza

Luz Couce Pico; Mar Castellanos Rodrigo; Eva Póveda López – Directoras Científicas do IDIS, do INIBIC e do IISGS

Participarán as investigadoras dos institutos de investigación sanitaria galegos:

  • Alana Aragón Herrera. Investigadora posdoutoral do IDIS, do grupo Cardioloxía Celular e Molecular do IDIS.
  • Ana Concheiro Guisán. Líder do grupo de Enfermidades Raras e Medicina Pediátrica do IISGS.
  • María Gallardo Gómez. Investigadora posdoutoral do grupo Oncoloxía Traslacional do IISGS.
  • Patricia López Vázquez. Investigadora predoutoral PFIS do grupo de Insuficiencia Cardíaca Avanzada e Trasplante Cardíaco do INIBIC.
  • Sara Martínez Ramos. Investigadora predoutoral do grupo de Enfermidades Inmuno-Mediadas do IISGS.
  • Laura Muinelo Romay. Investigadora Miguel Servet do grupo Oncoloxía Médica Traslacional do IDIS.
  • Uxía Nogueira Recalde. Investigadora prosdoutoral do grupo de Bioloxía do Cartílago do INIBIC.
  • Carmen Núñez Carro. Investigadora predoutoral GAIN do grupo de Reumatoloxía do INIBIC.
  • Rosaura Picáns Leis. Investigadora Río Hortega do grupo Metabolopatías do IDIS.
  • Luisa  Seoane Camino. Líder do grupo de Fisiopatoloxía Endocrina do IDIS.
  • María del Mar Tomás Carmona. Líder do grupo de MIcroTM do INIBIC.
  • María Luisa Torres Durán. Investigadora Senior do grupo NeumoVigo I+i do IISGS.

Na xornada participará alumnado de 1º de Bacharelato do IES Xulián Magariños, de Negreira.

Consulta o programa da xornada aquí

Share This Event

  • Este evento pasou.

Detalles

Data:
9 de Febreiro
Hora:
10:00 - 12:00
Categoría do Evento:

Recinto

Anfiteatro IDIS. Laboratorios IDIS, planta -2. Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela
Travesa da Choupana, S/N
Santiago de Compostela, A Coruña 15706 España
+ Google Map

Protagonista

Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS)