AC01 – Hematoloxía traslacional e as súas Terapias avanzadas

ÁREA: ONCOLOXÍA

Obxectivos e liñas de investigación

Obxectivos

O obxectivo xeral é mellorar o coñecemento e no tratamento das enfermidades do sangue e no desenvolvemento das terapias avanzadas con células do sangue.
O grupo está aberto á investigación nas enfermidades do sangue, tanto do ámbito oncohematológico, como das anemias, as enfermidades da coagulación e das plaquetas e na hemoterapia. No ámbito das terapias avanzadas con células do sangue desenvolverá liñas de traballo tanto cara ao uso terapéutico tanto en enfermidades do sangue como en calquera outro ámbito da medicina.

Obxectivos específicos

• Potenciar os ensaios clínicos con medicamentos en enfermidades do sangue
• Potenciar os ensaios clínicos coas terapias celulares (células nai hematopoéticas, linfocitos, células mesenquimales e outras liñas) en enfermidades do sangue ou outros ámbitos da medicina.
• Apoiar os rexistros das enfermidades do sangue e dos resultados das terapias
• Integrar os diagnósticos morfolóxicos e xenéticos coas liñas de tratamento.
• Trasladar os resultados dos ensaios clínicos á práctica asistencial.
• Contribuír ao mellor coñecemento das enfermidades máis raras do sangue
• Colaborar con outros grupos de investigación do IDIS, a Universidade e asociacións científicas nacionais ou internacionais no ámbito das enfermidades do sangue
• Colaborar coa industria farmacéutica no desenvolvemento de novas terapias
• Colaborar coas asociacións de pacientes con enfermidades hematolóxicas.

Liñas de investigación

• Terapia celular en enfermidades linfoproliferativas e mieloma
• Terapia celular en enfermidades reumatolóxicas autoinmunes
• Novas dianas en patoloxía mieloide.
• Novas plataformas de terapia celular con células de sángrea
• Rexistros en terapia celular, transplante de precursores hematopoéticos e varias patoloxías hematolóxicas

 

Equipo investigador
Líder
Pérez Encinas, Manuel Mateo

 

Membros
Aliste Santos, Carlos
Alonso Vence, Natalia
Antelo Rodríguez, Beatriz
Bendaña López, Ángeles
Cid López, Miguel
González Pérez, Marta Sonia
Silva Carbajales, Sofía

 

 

 

Investigador líder

Manuel Mateo Pérez Encinas

Manuel Mateo Pérez Encinas

Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.