Obxectivos e liñas de investigación
Liñas de investigación
- Cancro e precancro oral: Esta liña inclúe todos os aspectos relacionados con estas patoloxías, particularmente no referido ó diagnóstico precoz contemplando os condicionantes da enfermidade, do sistema sanitario, do clínico, e do propio paciente.
- Implantoloxía oral: Contempla a rehabilitación oral mediante implantes osteointegrados, nos seus aspectos diagnósticos, quirúrxicos, prostodónticos, e educativos de pacientes e formativos de profesionais.
- Disfunción cráneomandibular: Abarca o diagnóstico e tratamento non quirúrxico da disfunción témporomandibular, incluíndo os rehabilitadores.
- Biopsia oral: Procedementos clínicos e anatomopatolóxicos no diagnóstico de patoloxías na cavidade oral tanto de desordes locais como sistémicos.
- Educación sanitaria: Educación sanitaria da poboación en prevención primaria e secundaria de patoloxías orais e fomento de hábitos de vida saudables incluíndo a identificación de dianas de intervención.
- Apnea obstructiva do sono: Estudo do SAOS e contribucións o seu tratamento dende a Odontoloxía.