C011 – Patoloxía

ÁREA: ONCOLOGÍA

Obxectivos e liñas de investigación

Obxectivos

O grupo de Patoloxía é un grupo traslacional, centrado no estudo dos mecanismos moleculares do cancro, que inclúe a patólogos do Servizo de Anatomía Patolóxica do Hospital Clínico Universitario e profesores de Ciencias Morfolóxicas e de Anatomía Patolóxica da Facultade de Medicina de Santiago, con especial interese nos mecanismos moleculares do cancro e o desenvolvemento de terapias específicas.

Liñas de investigación

O grupo de patoloxía tiroidea, emprega o modelo das neoplasias da glándula tiroidea humana para identificar dianas moleculares implicadas na etiopatoxénese do cancro humano con aplicacións potenciais para a diagnose precoz e o desenvolvemento de terapias específicas. Específicamente e a través de proxectos de investigación con financiación pública, investígase o desenvolvemento de tumores tiroideos de células foliculares e de tipo familiar relacionados coa mutación xerminal dos xenes APC e PTEN.

O grupo de patoloxía mamaria está centrado no estudo de biomarcadores predictivos de resposta a tratamentos personalizados (dianas terapéuticas), tales como HER2, HER2- low, PD-L1 e mutacións de PI3K.

O grupo de cancro de pulmón traballa na identificación e determinación de biomarcadores diagnósticos e predictivos de resposta, inicialmente de forma individualizada e nos últimos anos coa incorporación da tecnoloxía de secuenciación masiva (NGS). Implementamos a NGS mediante o desenvolvemento dun panel customizado composto por 46 xenes que permite analizar as dianas terapéuticas aprobadas, en ensaio clínico ou en vía de desenvolvemento para carcinomas de células non pequenas. Para o desenvolvemento e validación de dito panel contamos con financiación pública (Código 100, un plan de innovación sanitaria centrado no paciente promovido por ACIS).

O traballo do grupo de patoloxía hematolinfoide céntrase na identificación de marcadores moleculares pronósticos que permitan un axuste máis preciso da abordaxe terapéutica. Ademáis das técnicas inmunofenotípicas e moleculares tradicionais, estanse utilizando ferramentas bioinformáticas e de intelixencia artificial para establecer perfís precisos de risco.

 

Equipo investigador

Líder
Antúnez López, José Ramón

Membros
Abdulkader Nallib, Ihab
Bouso Montero, Marta
Cameselle-Teijeiro, José
Fraga Rodríguez, Máximo
Gándara Cortés, Marina
García-Caballero Parada, Tomás

 

 
Proxectos

Investigador líder

José Ramón Antúnez López

José Ramón Antúnez López