
Obxectivos e liñas de investigación
Obxectivos
Investigar en novas técnicas, algoritmos e protocolos de imaxe radiolóxica que permitan abrir vías cara a mellora do diagnóstico e tratamento de enfermidades cardiovasculares e pulmonares. Para iso empregamos as imaxes de pacientes con enfermidades vasculares (para realizar segmentación automática da aorta, por exemplo), cardíacas (para realizar segmentación ventricular automática, por exemplo) e de pacientes con cancro de pulmón (para realizar detección e seguimento automático dos mismos). Centrámosnos na análise de imaxes de tomografía computarizada e resonancia magnética, fundamentalmente. Tamén investigamos no desenvolvemento modelos de experimentación animal aplicados a estudos de resonancia magnética cardíaca. Os obxectivos son novidosos e conlevan un importante desenvolvemento metodolóxico.
Liñas de investigación
- Diagnóstico asistido por ordenador aplicado ó diagnóstico por imaxe de tomografía computarizada de patoloxías de aorta e cancro de pulmón
- Radiomics
- Avaliación da dose radiolóxica en TC en pacientes oncolóxicos
- Estudos de RM cardíaca en pequenos animais. Desenvolvemento de modelos de experimentación animal