C035 – I+D en Formas de Dosificación e Sistemas de Liberación de Medicamentos

Obxectivos e liñas de investigación

Obxectivos

O obxectivo do grupo é desenvolver sistemas de administración de sustancias activas con prestacións avanzadas de aplicación en terapia farmacolóxica e medicina rexenerativa. En particular, o grupo deseña e avalía sistemas macro, micro e nano para cesión controlada de fármacos, medicamentos persoalizados por impresión 3D, scaffolds para medicina rexenerativa, e produtos de combinación fármaco-produto sanitario (lentes de contacto, sondas, catéteres… medicados). Tamén desaenvolve materiais con capacidade de captación selectiva de sustancias con fins biomédicos, analíticos e de remediación. Conta coa experiencia en deseño de experimentos e técnicas de intelixencia artificial. O grupo, reconoñecido pola Xunta de Galicia como de referencia competitiva pola súa actividade de investigación, conta con diversas tecnoloxías de interese transversal como fluídos supercríticos, impresión 3D, electrospinning, tratamento superficial con plasma e equipos para caracterización de materiais.

Liñas de investigación

  • Xeles supramoleculares para cesión controlada de sustancias activas
  • Xeles reticulados nanoestruturados con capacidade de recoñecemento (imprinted)
  • Aeroxeles para aplicacións biomédicas
  • Andamiaxes para medicina rexenerativa
  • Produtos sanitarios medicados
  • Formas de dosificación persoalizadas 3D
  • Nanotransportadores para superar barreiras tecnolóxicas e fisiolóxicas

 

Equipo investigador

Líder
Concheiro Nine, Ángel

Membros
Álvarez Lorenzo, Carmen
Blanco Fernández, Bárbara
Carou Senra, Paola
Díaz Gómez, Luis Antonio
Díaz Rodríguez, Patricia
Farto Vaamonde, Xián
García González, Carlos
González Prada, Iago
Goyanes Goyanes, Álvaro
Kattar, Axel
Landín Pérez, Mariana
López Iglesias, Clara
Martínez Borrajo, Rebeca
Pereira da Mota, Ana Filipa
Rodríguez Pombo, Lucía
Touza Otero, Lara
Zarur Slebi, Mariana