Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.
Human Resources Excellence in Research
FIDIS está revisando as súas políticas e prácticas de xestión e promoción da carreira investigadora para optar á acreditación europea Human Resources Excellence in Research (HRS4R).
Este sllo recoñece ás instituciones que velan pola mellora das condicións laborais do seu persoal investigador en términos de selección, contratación e desenvolvemento profesional, entre outros aspectos, dacordo aos principios da Carta Europea do Investigador e do Código de Conduta para a Contratación de Investigadores.
A HRS4R é unha ferramenta destinada a axudar ás organizacións a mellorar a eficiencia, a eficacia e o impacto das accións que se deben levar a cabo para ofrecer un entorno atractivo e de apoio que permitirá atraer e manter ao mellor talento investigador.
Algúns centros de investigación de recoñecido prestixio contan xa con esta acreditación. FIDIS xa se ten adherido adherido ao Charter&Code e notificou o seu compromiso a la Comisión Europea. Actualmente atópase en pleno proceso de implementación mediante a elaboración do Gap Analysis e do Plan de Acción co obxectivo de entregalos para a súa avaliación antes de finalizar o ano 2019.