Esta designación recoñece a traxectoria investigadora do doutos e reforza a proxección internacional do IDIS no campo da medicina oral
Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2026.– O Dr. Mario Pérez Sayáns, investigador principal do grupo ORALRES do IDIS, foi seleccionado como Reviewer para o World Workshop on Oral Medicine X (WWOM X), un dos encontros científicos de referencia internacional no ámbito da medicina oral.
A selección, comunicada polo Comité Directivo de WWOM X, prodúcese tras un exixente proceso de avaliación no que se recibiron 108 solicitudes para tan só 10 prazas de revisor, cada unha delas valorada de forma independente por dous membros do comité e ratificada posteriormente polo conxunto do mesmo.
O Dr. Pérez Sayáns incorpórase ao Grupo de Traballo 3, centrado na Fase I da Iniciativa WONDER sobre Estomatitis Aftosa Recorrente.
O workshop celebrarase os días 24 e 25 de xullo de 2028 no Novotel Recife Marina Hotel, en Recife (O Brasil), antes do Congreso Brasileiro de Estomatoloxía e Patoloxía Oral (SOBEP), que terá lugar entre o 25 e o 28 de xullo dese mesmo ano. Ao longo dos próximos 20 meses, o Dr. Pérez Sayáns participará nun intenso traballo preparatorio xunto ao resto de revisores e líderes de grupo seleccionados a nivel internacional.
Esta designación recoñece a traxectoria investigadora do Dr. Pérez Sayáns no campo da medicina e patoloxía oral, e reforza a proxección internacional do IDIS nesta área de coñecemento.



