O grupo de Nutrición Pediátrica do IDIS é galardoado co XVI Premio Luis Noé Fernández

9 Outubro 2025

O equipo, dirixido por Rosaura Leis, foi recoñecido especialmente pola súa sólida traxectoria na abordaxe e prevención da obesidade infantil

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2025.- O Grupo de Investigación de Nutrición Pediátrica do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS) foi distinguido na XVI edición do Premio Luis Noé Fernández 2025 na categoría de Nutrición. Este galardón, convocado anualmente pola Fundación Alimerka, recoñece iniciativas de alto impacto nos ámbitos da nutrición, a asistencia alimentaria e a loita contra a fame.

O equipo investigador dirixido pola doutora Rosaura Leis, presidenta da Fundación Española da Nutrición (FEN), foi recoñecido especialmente pola súa sólida traxectoria na abordaxe e prevención da obesidade infantil. O xurado puxo en valor un traballo que se caracteriza por un enfoque multidisciplinar, integrador e comprometido coa sociedade. Tamén destacaron a súa contribución á divulgación científica e á formación en hábitos saudables, dirixida tanto a profesionais como á poboación xeral.

A cerimonia de entrega do premio celebrarase o próximo 3 de decembro no Auditorio Príncipe Felipe de Oviedo.

 

Más noticias

Uno de cada doce pacientes con cáncer de próstata de alto riesgo presenta alteraciones genéticas hereditarias relevantes

Uno de cada doce pacientes con cáncer de próstata de alto riesgo presenta alteraciones genéticas hereditarias relevantes

Los resultados revelan que la presencia de determinadas alteraciones genéticas se asocia con diferencias en la evolución de la enfermedad. Es la principal conclusión de un estudio realizado por investigadores del Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, la Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica y el Complejo Hospitalario Universitario de Santiago

ler máis
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.