O IDIS inicia o proxecto OASIs que busca novas formas de tratamento para a enfermidade osteoartrítica a través da nanotecnoloxía

10 Maio 2022

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2022.-Investigadores do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS) veñen de iniciar o proxecto de investigación OASIs que, coordinado por María de la Fuente, busca, a través da nanotecnoloxía, atopar novos tratamentos para a Osteoartrite (OA). Contan con ter resultados en tres anos e que os millóns de doentes con patoloxía osteoartrítica poidan dispoñer da primeira terapia realmente eficaz e restauradora e non só de tratamento dos síntomas. O traballo conta coa participación de expertos internacionais e traballa en sinerxia co grupo de María Mayán, do INIBIC.

A osteoartritis (OA) é a forma máis común de artrite e unha das principais causas de dor e discapacidade en todo o mundo. Os tratamentos actuais limítanse ao alivio sintomático, polo tanto hai unha necesidade urxente de desenvolver novas terapias que teñan como obxectivo restaurar a función articular, o que beneficiará a millóns de persoas en todo o mundo.

As principais limitacións para acadar esta terapia relaciónanse coa complexidade dos mecanismos patoxénicos subxacentes e os endotipos moleculares para os diferentes fenotipos clínicos, e coa necesidade de estratexias de administración eficientes.

O tratamento da OA que busca o proxecto OASIs podería lograrse mediante a atención personalizada, acompañada do desenvolvemento de terapias dirixidas que poidan administrarse con éxito á articulación afectada mediante o uso de nanotecnoloxía.

OASIs ten como obxectivo desenvolver nanofármacos innovadores baseados na asociación de péptidos que se dirixen á senescencia e a inflamación en nanoemulsións que se poden administrar de maneira segura á articulación sinovial a través dunha inxección intraarticular, e proporcionar unha modificación sostida e duradeira dos síntomas e a estrutura, para mellorar a saúde.

Os péptidos de interferencia que se dirixen ás células senescentes poden modular a rexeneración tisular e a resposta á lesión. Demostrouse que os péptidos antiinflamatorios dos velenos biolóxicos reducen a inflamación e a dor. “Nesta proposta -subliña María de la Fuente-, desenvolveremos novas terapias combinadas dirixidas mediante a carga destes péptidos en nanoemulsións lipídicas biocompatibles e biodegradables, seguras por deseño e versátiles”.

As combinacións avaliaranse in vitro, ex vivo e in vivo. A optimización dos parámetros críticos de formulación, o seguimento de imaxes e os estudos farmacocinéticos permitirán a selección das composicións máis prometedoras para a avaliación preclínica. Os resultados obtidos nesta proposta axudaran a realizar avances de última xeración para poder levar con éxito a investigación básica á clínica. Por outra banda, a atención aos procesos regulatorios e de fabricación críticos, a explotación, a difusión e as actividades de xestión garantirán a traducibilidade dos nanofármacos candidatos.

A spin-off DIVERSA xa manifestou o seu interese nesta terapia como posible licenciataria.

Trátase dunha empresa especializada en achegar solucións para favorecer o acceso e desenvolvemento de novos medicamentos. Grazas á súa tecnoloxía patentada para a liberación de fármacos e biomoléculas, pode solucionar aqueles problemas que impiden o seu avance cara á clínica, sendo un dos principais a dificultade para acceder á súa diana, principalmente cando esta se atopa no interior da célula. O seu modelo de negocio contempla tres verticais, por unha banda, e co fin de favorecer o acceso á tecnoloxía a toda a comunidade investigadora, vende kits moi fáciles de usar, a través de distribuidores internacionais. Por outra banda, ofrecen servizos a medida para empresas farmacéuticas e biotecnolóxicas que contan con moléculas candidatas que necesitan formular. E por último, traballa nos seus propios desenvolvementos de nanomedicamentos, en tres áreas terapéuticas de interese, para resolver necesidades médicas non cubertas.

PARTNERS
María de la Fuente Health Research Institute of Santiago de Compostela (IDIS), Servizo Galego de Saúde (SERGAS) Spain. María Mayán, Institute for Biomedical Research of A Coruña (INBIC), Fundación Profesor Novoa Santos (FPNS) Spain. Ali Mobasheri, State Research Institute Centre for Innovative Medicine (IMC), Lithuania. Franck Pavan V-Nano, France. Luminita Labusca, National Institute of Research and Development for Technical Physics (NIRDTP) Romania.

Más noticias

O grupo Xenética Psiquiátrica do IDIS descobre patróns xenéticos compartidos e diferenciais entre trastornos mentais mediante unha abordaxe estatística novidosa en psiquiatría

O grupo Xenética Psiquiátrica do IDIS descobre patróns xenéticos compartidos e diferenciais entre trastornos mentais mediante unha abordaxe estatística novidosa en psiquiatría

Este método, guiado polos datos, poderá axudar a mellorar a identificación en etapas iniciais dunha forma máis obxectiva e a comprender a presenza de distintos trastornos nunha mesma persoa

O principal beneficio potencial para clínicos e pacientes é avanzar cara a unha psiquiatría máis personalizada, na que as decisións diagnósticas e terapéuticas poidan adaptarse mellor ás características de cada persoa

ler máis
A investigadora Sonia Eiras recibe o VII Premio Ramiro Carregal de Investigación en Cardioloxía polo seu traballo sobre graxa epicárdica inflamada e anuncia a creación dun grupo multidisciplinar para acelerar a investigación

A investigadora Sonia Eiras recibe o VII Premio Ramiro Carregal de Investigación en Cardioloxía polo seu traballo sobre graxa epicárdica inflamada e anuncia a creación dun grupo multidisciplinar para acelerar a investigación

O traballo premiado afonda no coñecemento dos factores que favorecen a acumulación de graxa epicárdica inflamada para desenvolver métodos diagnósticos sinxelos e accesibles que permitan identificala precozmente e deseñar novas estratexias de prevención e tratamento
Acompañaron a premiada o presidente do Parlamento de Galicia e a alcaldesa de Santiago, ademais do presidente da Fundación Pública Galega IDIS, Ángel Facio e a directora científica do IDIS, M.ª Luz Couce

ler máis