O IDIS recibe a Medalla Pardo Bazán en prol da igualdade

22 Xullo 2024

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2024.- O Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS) acaba de ser galardoado coa Medalla Emilia Pardo Bazán xunto cos dous institutos de investigación sanitaria galegos. Con Mª Luz Couce Pico ao fronte do Instituto como directora científica, a Xunta vén de publicar hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a resolución deste galardón honorífico que distingue ao IDIS en recoñecemento das súas accións en prol da igualdade entre mulleres e homes.

Deste xeito, o xurado recoñece ao Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS), ao Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (INIBIC) e ao Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur (IISGS) “por seren exemplos da incorporación das mulleres ao mundo da ciencia, xa que os tres están dirixidos por mulleres o que converte a Galicia nun referente neste ámbito”, sinalan. Segundo as declaracións da Xunta, só 10 dos 35 institutos do sector sanitario que están en funcionamento en España se atopan dirixidos por mulleres. Así mesmo, salientan que constitúen un exemplo da incorporación da perspectiva de xénero na investigación sanitaria.

Ademais dos tres institutos de investigación sanitaria de Galicia, as Medallas Pardo Bazán foron concedidas á Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia (Acadar) e a Rosa Celia Otero Graña, presidenta da Asociación Provincial de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios da Coruña.

Emilia Pardo Bazán e a igualdade

As Medallas Emilia Pardo Bazán foron creadas pola Xunta de Galicia no 2019 para o recoñecemento de accións relevantes desenvolvidas en prol da igualdade entre homes e mulleres. Concédense cada ano tres condecoracións de carácter honorífico e poden ser destinatarias persoas, colectivos, entidades ou institucións de carácter público e privado.

Os galardóns permiten realizar un recoñecemento público ás medidas desenvolvidas en Galicia en prol da igualdade efectiva, ao tempo que contribúen á sensibilización social, a dar máis visibilidade aos talentos e ás capacidades das mulleres e para que se recoñeza a traxectoria tanto vital como profesional de persoas e entidades comprometidas con erradicar a discriminación de xénero e coa construción dunha sociedade máis igualitaria.

Estes galardóns levan o nome de Emilia Pardo Bazán, muller precursora na defensa dos dereitos das mulleres e do feminismo, así como do acceso á educación das mulleres, ideas que trasladou á súa obra literaria.

Más información sobre el IDIS

El Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS) nace en 2008 fruto de la colaboración entre el Área Sanitaria de Santiago de Compostela y Barbanza (SERGAS) y la Universidad de Santiago de Compostela. Como eje de la investigación sanitaria gallega, está acreditado por el Instituto de Salud Carlos III ya desde el 2010. Su objetivo es identificar y desenvolver nuevas soluciones que den respuesta a los problemas de salud de la sociedad. Con un equipo de 1338 investigadores, 105 grupos de investigación, 50 M€ de fondos captados en el último año, el IDIS contribuye con su labor a incrementar el conocimiento de la salud y a la consolidación de la innovación en el sector sanitario.

 

 

Más noticias