Farmacocinética (PK-PDrugs)

PLATAFORMAS DE APOIO COMÚN
Equipamento

Cromatografía líquida de ultra alta resolución e espectrometría de masas

O equipo Xevo TQD® (Waters, Massachusets, USA) de cromatografía líquida de ultra-alta resolución conectado a un detector de espectrometría de masas en tándem de tipo triple cuadrupolo, proporciónanos a máxima sensibilidade, especificidade e versatilidade analítica para a determinación de fármacos e metabolitos. É a técnica de referencia para a determinación da maioría de sustancias químicas. O equipo permite a interpretación dos datos obtidos, principalmente os espectros de masas e a estrutura química das moléculas que se analizan.

Por outra parte, tamén se dispón de equipos de cromatografía líquida de ultra-alta resolución con detectores de fotodiodos que cubren o espectro UV/Vis e fluorescencia, e con detectores de radioactividade.

Analizador fármacos biolóxicos e inmunoxenicidade

A monitorización de fármacos biolóxicos ofrece información clave sobre a exposición e inmunoxenicidade nos pacientes aos que se lles prescribe estas terapias biolóxicas, amplamente empregadas para o tratamento de enfermidades inflamatorias crónicas, procesos oncolóxicos, etc.

Ademáis, dispoñemos do dispositivo Promonitor Quick (PQ Reader), un equipo portable e compacto que permite a cuantificación instantánea destas terapias biolóxicas.

Sistema de inmunoanálise

O equipo Alinity ci-series, un compacto sistema de inmunoanálise, proporciona resultados con gran rapidez e reproducibilidade grazas á contrastada tecnoloxía de detección quimioluminiscente CHEMIFLEX. Ofrece unha ampla variedade de ensaios, ademáis de permitir traballar con diferentes matrices (sangue total, plasma, soro, líquido cefalorraquídeo, etc.)  e pode realizar ata 1550 determinacións por hora.

 

Descrición

A unidade (PK-PDrugs) coordinada dende a Unidade de Investigación e Innovación do Servizo de Farmacia de Santiago de Compostela, aposta polas tecnoloxías analíticas máis sofisticadas enfocadas á determinación de fármacos e metabolitos nos diferentes ámbitos da investigación biomédica.

Servizos

INVESTIGACIÓN CLÍNICA

Determinación de fármacos e metabolitos en matrices biolóxicas: Para poder realizar determinacións en todo tipo de matrices biolóxicas (sangue, plasma, soro, urina, bilis, líquido ascítico, cefalorraquídeo…) e formas farmacéuticas (solucións, suspensións, colirios, etc.), dispoñemos de equipamento preanalítico necesario con evaporadores de vacío, sistemas de nitróxeno e cartuchos de fase de extracción sólida. Ademáis disponse de conxeladores de ultrabaixa temperatura que garantizan o almacenamento seguro dos preparados, así como a fixación dos máis altos estándares de seguridade para o usuario ó estar Conforme DIN 58375 e Dispositivos Médicos según MDR (EU) 2017/745, Clase IIa o 21CFR Part 864.9700, Clase II.

Estudos farmacocinética clínica: Ademáis da determinación plasmática de fármacos, ofrécese un valor engadido fundamental como é a análise farmacocinética e farmacodinámico (PK/PD) como ferramenta de medicina de precisión a nivel clínico, podendo ademáis complementarse dito servizo co asesoramento e realización de estudos farmacoxenéticos. Os estudos de farmacocinética poboacional (popPK) xa son un pilar fundamental en tódalas etapas de desenvolvemento, tanto preclínicas como clínicas e de post-comercialización dun fármaco. Dende a plataforma PK/PD drugs ofrecerase o desenvolvemento de modelos farmacocinéticos e farmacodinámicos poboacionais e a súa posterior implementación en aplicacións web interactivas (R, shiny) que permitan ó usuario final traballar e realizar simulacioóns nunha interfaz moito máis user-friendly.

DESENVOLVEMENTO E CARACTERIZACIÓN DE MEDICAMENTOS

Caracterización biofarmacéutica de novas formulacións en desenvolvemento: Os conceptos de biodispoñibilidade e bioequivalencia están relacionados estreitamente co desenvolvemento farmacéutico e particularmente cos procedementos de fabricación das formas farmacéuticas. A plataforma ten capacidade para realizar determinacións analíticas de fármacos incluídos en novas formulacións en desenvolvemento, coa realización de estudos de liberación, absorción, distribución, metabolismo e excreción tanto in vitro como in vivo. Asimesmo, disponse dunha unidade de radiofarmacia para o radiomarcaxe de compostos e seguimento farmacocinético con equipos de imaxe molecular.

Estudos de estabilidade de medicamentos: Dispoñemos de salas brancas para a elaboración de medicamentos que esixan as condicioóns máis estritas de esterilidade. Ademáis, cóntase con equipamento específico para a realización de estudos de estabilidade de medicamentos e con cámaras climáticas Memmert que permiten manter temperaturas e humidades cunha homoxeneidade excelente, imprescindible para cumprir coas especificacións ICH – OMS – EMA – ASEAN – GMP – GLP y GCCP.

Tarifas

Consulte as tarifas aquí.

Tarifas sen IVE.

Contacto

Anxo Fernández Ferreiro

anxordes@gmail.com

Cristina Mondelo García

cristina.mondelo.garcia@sergas.es