Resolución do segundo Concurso InnovaIDIS

23 Xullo 2024

De conformidade coas bases da convocatoria, a Comisión de Selección, formada por membros da Comisión de Innovación e Transferencia do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, realizou unha valoración individualizada das solicitudes recibidas, correspondentes ás publicacións admitidas entre abril e xuño de 2024.

A Comisión de Selección RESOLVE CONCEDER o premio, a Cápsula de Animación Científica Innova-IDIS e un certificado, á seguinte candidatura presentada por Triana Blanco Pintos:

Título: Using SWATH-MS to identify new molecular biomarkers in gingival crevicular fluid for detecting periodontitis and its response to treatment

Autores/as do traballo: Triana Blanco Pintos, Alba Regueira Iglesias, Marta Relvas, Manuela Alonso Sampedro, María del Pilar Chantada Vázquez, Carlos Balsa Castro, Inmaculada Tomás Carmona

Revista: Journal of Clinical Periodontology

Lembrámosvos que a terceira edición xa está aberta. Podedes enviar a vosa candidatura ata o día 15 de outubro cos vosos traballos aceptados entre os meses de xullo e setembro de 2024. Para participar pincha aquí.

Más noticias

O grupo Xenética Psiquiátrica do IDIS descobre patróns xenéticos compartidos e diferenciais entre trastornos mentais mediante unha abordaxe estatística novidosa en psiquiatría

O grupo Xenética Psiquiátrica do IDIS descobre patróns xenéticos compartidos e diferenciais entre trastornos mentais mediante unha abordaxe estatística novidosa en psiquiatría

Este método, guiado polos datos, poderá axudar a mellorar a identificación en etapas iniciais dunha forma máis obxectiva e a comprender a presenza de distintos trastornos nunha mesma persoa

O principal beneficio potencial para clínicos e pacientes é avanzar cara a unha psiquiatría máis personalizada, na que as decisións diagnósticas e terapéuticas poidan adaptarse mellor ás características de cada persoa

ler máis
A investigadora Sonia Eiras recibe o VII Premio Ramiro Carregal de Investigación en Cardioloxía polo seu traballo sobre graxa epicárdica inflamada e anuncia a creación dun grupo multidisciplinar para acelerar a investigación

A investigadora Sonia Eiras recibe o VII Premio Ramiro Carregal de Investigación en Cardioloxía polo seu traballo sobre graxa epicárdica inflamada e anuncia a creación dun grupo multidisciplinar para acelerar a investigación

O traballo premiado afonda no coñecemento dos factores que favorecen a acumulación de graxa epicárdica inflamada para desenvolver métodos diagnósticos sinxelos e accesibles que permitan identificala precozmente e deseñar novas estratexias de prevención e tratamento
Acompañaron a premiada o presidente do Parlamento de Galicia e a alcaldesa de Santiago, ademais do presidente da Fundación Pública Galega IDIS, Ángel Facio e a directora científica do IDIS, M.ª Luz Couce

ler máis