‘Sensoxenoma 2024’ mostra o efecto compensatorio da música en enfermidades neurodexenerativas

6 Setembro 2024

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2024.- A música e a investigación sanitaria regresan un ano máis co proxecto Sensogenoma 2024. O anfiteatro do IDIS acolleu a presentación dos resultados da investigación liderada pola área de Infectología, Inflamación e Vacinas  do IDIS (grupos GenPoB e GenViP), en colaboración coa Real Filharmonía de Galicia e a Federación Galega de Alzhéimer (AGADEA), entre outras asociacións. Entre as novidades desta edición, haberá unha colaboración especial coa Banda Municipal de Santiago de Compostela e o repertorio musical estará enfocado na música do cinema.

Os promotores do proxecto e investigadores, Laura Navarro, Federico Martinón e Antonio Salgas foron os encargados de presentar os resultados. Segundo os doutores, este estudo analizou o universo de moléculas que se expresan a partir do ADN dunha persoa como responde a un estímulo musical, o que se coñece como o transcriptoma. Os primeiros datos analizados mostraron o efecto compensatorio da música nos enfermos de Alzheimer e outras demencias.

Un dos achados máis relevantes corrobora a tese dos resultados presentados o ano pasado. “A música parece compensar a expresión de xenes e vías que están disfuncionais nos pacientes con deterioración cognitiva, suxerindo un efecto beneficioso na saúde cerebral”, sinalou o investigador do IDIS, o Dr. Antonio Salgas.

A través da recollida de mostras biolóxicas antes, durante e despois de concertos musicais, o proxecto Sensogenoma, pretende estudar o impacto da música en distintas patoloxías, como o alzhéimer ou o autismo. Para iso levan a cabo unha serie de concertos musicais experimentais “para investigar as bases xenéticas do estímulo musical e estudar o seu potencial terapéutico na loita contra a enfermidade, en liña coas novas tendencias cara á medicina personalizada”, sinalan os investigadores.

Recollida de mostras

Ademais da mostra de sangue e de saliva, este ano tomaranse mostras de bágoas, e usaranse 200 sensores inalámbricos grazas a unha colaboración coa facultade de Psicoloxía da Universidade do Minho. “A través dos sensores que levarán os doantes nas súas mans durante o concerto poderemos monitorizar a actividade electrodérmica e o ritmo cardíaco, un novo evento musical experimental xamais realizado”, explicaba Antonio Salgas. A recollida farase grazas á colaboración de 200 doantes voluntarios e maiores de 18 anos que xa poden reservar praza na web de Sensogenomics.

“Os resultados son sorprendentes e esperanzadores, e apuntan a que a música, unha vez procesada de maneira holística polas principais áreas anatómico do encéfalo, é un estímulo activador de elementos importantes da resposta inmune, cuxo eco ecoa na cavidade bucal (saliva) dos doantes. Satisfainos pensar que estes estudos poderían guiarnos na búsqueda de roteiros e dianas terapéuticas na enfermidade”, sinalaron os investigadores.

Nesta edición, igual que nas anteriores, recolleranse mostras de persoas con enfermidades neurodegenerativas e con dano cerebral, grazas á colaboración con Agadea, Sarela e o Servizo de Neuroloxía do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela.

Música, cinema e investigación

Por primeira vez no proxecto, Sensogenoma 2024 contará coa intervención e colaboración da Banda de Música de Santiago de Compostela. Trátase dun concerto experimental único na historia que se celebrará o 27 de setembro e que terá dous partes musicais de 30 minutos nas que se recollerán as mostras de doantes voluntarios antes, durante e despois do concerto para poder comparar os resultados de dous impulsos musicais.

Esta nova edición presenta moitas novidades, “o repertorio do concerto está dedicado á música de cinema e asociado a dúas emocións diferentes, para poder estudar o efecto da música na nosa bioloxía humana, desde a expresión dos nosos xenes ata a psicofisiología”, indicou a investigadora e musicóloga Laura Navarro.

Más información sobre o IDIS

O Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS) nace en 2008 froito da colaboración entre a área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza (SERGAS) e a Universidade de Santiago de Compostela. Como eixo da investigación sanitaria galega, está acreditado polo Instituto de Saúde Carlos III xa desde o 2010. O seu obxectivo é identificar e desenvolver novas solucións que dean resposta aos problemas de saúde da sociedade. Cun equipo de 1338 investigadores, 105 grupos de investigación, 50 M€ de fondos captados no último ano, o IDIS contribúe co seu labor para incrementar o coñecemento da saúde e á consolidación da innovación no sector sanitario.

Más noticias